Puñais polas costas (en ) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Rian Johnson, e producido por Johnson e Ram Bergman. Conta a historia dun detective que investiga a morte do rico patriarca dunha familia disfuncional. Está protagonizado por Daniel Craig, Chris Evans, Ana de Armas, Jamie Lee Curtis, Michael Shannon, Don Johnson, Toni Collette, Lakeith Stanfield, Katherine Langford, Jaeden Martell e Christopher Plummer.
En marzo de 2021, fíxose público que Netflix pagou máis de 450 millóns de dólares polos dereitos de dúas secuelas que serán escritas e dirixidas por Johnson, con Craig retomando o seu papel como o detective Benoit Blanc. A rodaxe de O misterio de Glass Onion: Puñais polas costas comezou en xuño de 2021.
Estreouse en galego o 4 de xullo de 2023 a través da TVG.
Personaxes
Daniel Craig como Benoit Blanc Chris Evans como Hugh Ransom Drysdale Ana de Armas como Marta Cabrera Jamie Lee Curtis como Linda Drysdale Michael Shannon como Walt Thrombey Don Johnson como Richard Drysdale Toni Collette como Joni Thrombey Lakeith Stanfield como Detective Lieutenant Elliott Katherine Langford como Meg Thrombey Jaeden Martell como Jacob Thrombey Christopher Plummer como Harlan Thrombey Riki Lindhome como Donna Thrombey Edi Patterson como Fran Frank Oz como Alan Stevens K Callan como Wanetta "Great Nana" Thrombey Noah Segan como Trooper Wagner M. Emmet Walsh como Mr. Proofroc Marlene Forte como Mrs. Cabrera Joseph Gordon-Levitt como Detective Hardrock (cameo)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rian Johnson Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes ambientados en 2019 Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego