Epipona é un pequeno xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, que é o tipo da tribo dos epiponinos.Epipona Latreille, 1802 no GBIF. Consultado o 26 de xullo de 2021.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille, na súa obra Histoire naturelle, générale et particulière des crustacés et des insectes. Tome troisième.Epipona Latreille, 1802 no IRMNG.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Epipone Latreille, 1804 Epiponus Saussure, 1875

Especies Até principios do século XXI recoñecíanse no xénero catro especies, pero na actualidade conta cunha máis, descrita en 2002: Epipona guerini (Saussure, 1854) Epipona media Cooper, 2002 Epipona niger (Brethes, 1926) Epipona quadrituberculata (Gribodo, 1892) Epipona tatua (Cuvier, 1797)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cooper, M. (2002): "A new species of Epipona (Hym., Vespidae, Polistinae) with a key to the members of the genus". Entomologist's Monthly Magazine 138 (1656-1659): 143-147. Menezes, Rodolpho S. T.; Antônio F. Carvalho, Anthony Raw & Marco Antônio Costa (2010): "Epipona media Cooper (Hymenoptera: Vespidae), a Social Wasp New to the Brazilian Atlantic Forest". Neotropical Entomology 39 (6): 1046-1047.

Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos Epiponinos

Ligazóns externas Epipona media Cooper, 2002 na EOL.

Categoría:Vespidae