Eugenia Eagles, nada en Kansas City o 26 de xuño de 1890 e finada en Nova York o 3 de outubro de 1929,Obituary Variety, 16 de outubro de 1929, páxina 67. foi unha actriz teatral e cinematográfica estadounidense coñecida como Jeanne Eagels. Antiga Ziegfeld Girl, conseguiu gran sona en Broadway e no emerxente cinema sonoro.

Traxectoria Primeiros anos Jeanne Eagels naceu en Kansas City, Missouri en 1890, filla de Edward e Julia Sullivan Eagles (1865-1945), de ascendencia alemá e irlandesa. No censo estadounidense de 1900 e de 1910 apareceu o nome da actriz como "Eugenia Eagles" e segundo devandito censo e o seu obituario, era a segunda de varios irmáns, Edna, George, Helen, Leo e Paul, todos eles nados en Missouri. Jeanne, cambiou posteriormente o seu apelido a "Eagels", e afirmou que o seu pai era un arquitecto español e que ela nacera en Boston. En realidade, ela naceu en Kansas City e o seu pai era carpinteiro.

Eagels estudou na escola parroquial St. Josephy na Morris Public School, deixando os estudos trala súa primeira comuñón para traballar como caixeira nuns grandes almacéns.

Carreira Comezou a súa carreira interpretativa en Kansas City, actuando en diferentes espectáculos dende moi nova. Deixou a cidade con quince anos e viaxou ao Medio Oeste co espectáculo teatral dos irmáns Dubinsky Brothers. Nun principio traballaba como bailarina, mais co tempo foi obtendo primeiros papeis en comedias e dramas dos Dubinsky. Finalmente casou cun dos irmáns, Morris.

Contra 1911 chegou á cidade de Nova York, onde traballou como corista e chegou a actuar nos Ziegfeld Follies. Neste período un dos seus profesores foi Beverly Sitgreaves. En setembro de 1912 formou parte do elenco de Mind The Paint Girl no Teatro Lyceum e, entre 1916 e 1917, Eagels traballou con George Arliss en tres obras consecutivas. En 1915 actuou no seu primeiro filme, participando en tres filmes de Thanhouser Company en 1916 e 1917, e en 1918 traballou en Daddies, unha produción teatral de David Belasco. Posteriormente viaxou a Europa e máis adiante, entre 1919 e 1921 traballou noutras producións de Broadway.

En 1922 tivo o seu primeiro papel como protagonista na obra Rain, baseada nun relato de William Somerset Maugham, en que interpretaba a Sadie Thompson. Fixo unha xira con esa obra, representándoa por última vez en Broadway en 1926.

A Eagels ofrecéronlle en 1926 o papel de "Roxie Hart" na peza de Maurine Dallas Watkins Chicago, mais nos ensaios decidiu abandonar o proxecto. Posteriormente actuou na comedia Her Cardboard Lover (1927), en que traballou xunto con Leslie Howard. Despois, e durante varios meses, fixo unha xira con Her Cardboard Lover. Tras non actuar en varias representación como consecuencia dunha intoxicación alimentaria, Eagels volveu formar parte do elenco en xullo de 1927 nun espectáculo no Teatro Empire.

Tras unha tempada en Broadway, tomouse un descanso na súa actividade teatral para rodar un filme xunto a John Gilbert, produción de MGM Man, Woman and Sin (1927) dirixida por Monta Bell.

En 1928, tras non presentarse nunha función en Milwaukee, Wisconsin, Eagels foi vetada polo sindicato Actors Equity, polo que non puido actuar en obras de teatro durante dezaoito meses. A prohibición non impediu que Eagels traballase no cinema, rodando dous filmes sonoros para Paramount Pictures, The Letter e Jealousy (ambas estreadas en 1929). A súa actuación en The Letter valeulle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz, a primeira póstuma para un intérprete.

Falecemento Xusto antes do seu regreso ao teatro cunha nova representación en Broadway, Eagels faleceu de maneira súbita o 3 de outubro de 1929 na cidade de Nova York. Tiña 39 anos de idade. Os informes toxicolóxicos revelaron que Eagels tiña aínda alcohol nos seus órganos cando morreu, ademais de heroína e hidrato de cloro (un sedante que Eagels tomaba regularmente para durmir).Golden 2010 p.31 A súa morte atribuíuse a unha sobredose de hidrato de cloro. Tralo funeral en Nova York celebrouse outro na súa cidade natal e foi enterrada no cemiterio Calvary.

Vida persoal Eagels casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi co actor Morris Dubinsky, co que casou cando era unha adolescente. A parella tivo un fillo que morreu (causando a Eagels un ataque de nervios) ou que foi entregado en adopción cando a parella se separou. Eagels e Dubinsky finalmente se divorciaron.Golden 2010 p.28 En agosto de 1925, Eagels casou con Edward Harris "Ted" Coy, antiga estrela do fútbol na Universidade Yale reconvertido en axente de cambio e bolsa. Non tiveron fillos e divorciáronse en xullo de 1928.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1913 The Ace of Hearts 1913 The Bride of the Sea 1914 A Lesson in Bridge Mrs. Willis 1915 The House of Fear Grace Cramp 1916 The World and the Woman A Woman of the Streets 1917 The Fires of Youth Billy's Sister Credited as Jeanne Eagles 1917 Under False Colors Countess Olga 1918 The Cross Bearer Liane de Merode 1919 The Madonna of the Slums 1927 Man, Woman and Sin Vera Worth 1929 The Letter Leslie Crosbie Candidata ao Óscar á mellor actriz 1929 Jealousy Yvonne Filme perdido

Notas

Véxase tamén Bibliografía 1900 United States Federal Census, Kansas City, Jackson County, Missouri, 4 de xuño de 1900, ED 111, p. 5. 1910 United States Federal Census, Kansas City Ward 9, Jackson County, Missouri, Enumeration District 111. Blum, Daniel (1952). Great Stars of the American Stage, páxina 80. Kansas City Star, Edward W. Eagles Mortuary Notice, 15 de febreiro de 1910. Kansas City Star "Another Kansas City Girl 'Arrives' 5 de outubro de 1913, páxina 15 Kansas City Post "Jeanne Eagles passes up Wales to play 'Rain" before mother" 10 de abril de 1925 p. 29 New York Times, "This Week To See Rush Of New Plays", 8 de setembro de 1912, páxina X4. New York Times, "Jeanne Eagels Playing Again", 13 de xullo de 1927, páxina 20. New York Times, "The Vacillating Vampire", 5 de decembro de 1927, páxina 26. Ligazóns externas Jeanne Eagels photo taken in 1917 not published until 1974; NYP Library collection Biographical website

Categoría:Nados en Kansas City, Missouri Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Missouri Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa