Manuel Maseda Cadórniga foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Pastor Maseda Vázquez de Parga. Cursou estudos eclesiásticos que despois abandonou. En 1925 obtivo a concesión da liña de transporte Lugo-Monforte-Escairón, que co tempo sería a Empresa Monforte.El Progreso, 30-5-1925, p. 2. En febreiro de 1930 foi nomeado concelleiro de Monforte de Lemos pola cota de maiores contribuíntes.El Pueblo Gallego, 1-3-1930, p. 6. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que trouxeron a Segunda República foi elixido concelleiro de Monforte de Lemos como agrario."El 14 de abril en Monforte", La Voz de Galicia, Monforte, 28-10-2006, p. l5. Foi elixido alcalde de Monforte de Lemos en febreiro de 1933. Foi destituído polo gobernador civil xunto con toda a xestora por irregularidades na xestión económica do concello en febreiro de 1935.

Vida persoal Casou con Filomena Losada Álvarez en 1912.El Progreso, 28-4-1912, p. 2. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes del siglo XX en Monforte (1933-1936)

Pazos y casas señoriales de O Incio (V)

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Monforte de Lemos Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido