Marko Luković (en serbio: Марко Луковић), nado o 26 de maio de 1992 en Belgrado, é un xogador serbio de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Mega Vizura de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB. Cunha altura de 2,07 m, xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria Nado en Belgrado, Serbia, Luković formouse nas categorías inferiores dun dos clubs máis prestixiosos da súa cidade natal, o KK Mega Leks. No club belgradino debutou como profesional en marzo de 2009. Alí xogaría outras sete temporadas, asinando en 2014 co TBB Trier da Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Após a finalización da temporada, asina polo KK MZT Skopje macedonio, onde xoga na Liga do Adriático alén de na competición local. Co MZT consegue ser campión de Liga e Copa, competición na que foi escollido como mellor xogador.
Na temporada 2016−17 asina co KK Krka de Novo Mesto, Eslovenia, onde foi un dos mellores xogadores da Liga do Adriático, sendo o quinto máis valorado (17,3), o cuarto máis anotador (16,8) e o terceiro máis reboteador (7,3). A boa temporada fai que chame a atención do UCAM Murcia da Liga ACB, porén a mala situación tanto do xogador como do equipo levano a rescindir o seu contrato co equipo e asinar polo ESSM Le Portel da LNB Pro A. Na seguinte temporada xoga para o Bàsquet Manresa, aínda que en xaneiro regresa á Liga ABA da man do Igokea, onde fai unha media de 12,6 puntos e 3,9 rebots por encontro. Nas dúas seguintes temporadas non se move da liga adriática, xogando para o Koper Primorska e para o Split, onde fai unha media de 15,3 puntos, 4,6 rebotes e 3,0 asistencias por encontro. O 28 de xullo de 2021 regresa á Liga ACB asinando polo Río Breogán da Liga ACB.
Clubs Ao longo da súa carreira, Luković ten xogado para os seguintes equipos profesionais: Mega Vizura (KLS / ABA, 2009–2014) TBB Trier (BBL, 2014−2015) MZT Skopje (ABA, 2015−2016) Krka Novo Mesto (1. A / ABA, 2016−2017) UCAM Murcia (ACB / BCL, 2017–2018) ESSM Le Portel (LNB Pro A, 2018) Bàsquet Manresa (ACB, 2018–2019) Igokea (ABA, 2019) Koper Primorska (1. A / ABA, 2019−20) Split (HTPL / ABA, 2020−21) CB Breogán (ACB, 2021− )
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Proballers
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Xogadores de baloncesto de Serbia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Mega Basket Categoría:Xogadores do KK MZT Skopje Categoría:Xogadores do KK Krka Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do ESSM Le Portel Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do KK Igokea Categoría:Xogadores do KK Koper Primorska Categoría:Xogadores do KK Split Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán