Vicente Sancho, nado en Petrés en 1784 e finado en Madrid en 1860, foi un político español.
Traxectoria Dende 1882 até 1822, durante o Trienio liberal, foi deputado por Valencia, xefe político de Barcelona en 1822 e posteriormente, comandante militar de Murcia e gobernador de Cartagena en 1823. Neste ano emigrou a Francia e o Reino Unido e en 1830 formou parte da Xunta de Baiona. Tras regresar a España en 1835, integrouse en círculos mendizabalistas de Madird, e foi destacado dirixente do Partido Progresista ao cal representou nas Cortes dende 1836 a 1843, e, de novo, dende 1854 a 1856 como deputado por València e Castelló de la Plana. En 1840 foi Ministro de Gobernación e en novembro dese mesmo ano foi nomeado, Presidente do Consello de Ministros. Senador vitalicio dende 1846, en 1853 formou parte do comité progresista que se opuxo ao Ministerio de Bravo Murillo-Roncali.
Fontes Ficha na Presidencia do Goberno En castelán
Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Deputados nas Cortes Españolas Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Petrés Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1860 Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados