Jules Adrien Blanchet, nado o 8 de marzo de 1866 en París e finado o 27 de decembro de 1957 na mesma cidade, foi un numismático, arqueólogo e bibliotecario francés.
Traxectoria Adrien Blanchet naceu en París o 8 de marzo de 1866 nunha familia orixinaria de Normandía. De rapaz amosou interese polas moedas antigas; xa con 16 anos axudaba o arquivista do Museo de Pau na clasificación de moedas e logo introduciuse na numismática da man de Anatole de Barthélemy.Renou, L. (1958). Páxina 7. Blanchet cursou os seus estudos na École Pratique des Hautes Études de París e na École du Louvre (1891).Babelon, J. (1958). Páxina 7.Grenier, A. (1958). Páxina 1.
En 1890 ingresou na Biblioteca Nacional de Francia, onde desde 1892 ocupou o posto de bibliotecario e a partir de 1895 foi bibliotecario honorario."Blanchet, Adrien". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres."Blanchet, Jean Adrien". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS). Alí traballou na inventariación de varias coleccións do Gabinete de Medallas, sinaladamente as moedas partas e as atenienses, e publicou en 1985 o catálogo da colección de bronces antigos, en colaboración con Ernest Babelon.
Foi membro de numerosos comités de expertos, entre eles o que se encargou do estudo da organización dos museos de Alemaña e de Austria, en 1892.
Durante a primeira guerra mundial participou como oficial voluntario e prestou o seu servizo en hospitais militares.Babelon, J. (1958). Páxina 8.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Blanchet foi presidente da Sociedade Francesa de Numismática en tres períodos: 1903-1905, 1911-1912 e 1941-1942."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique: 1865-1965". En Revue Numismatique. Tomo VII. Páxina 24. Presidiu tamén a Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia e a Sociedade de Historia de París e da Illa de Francia (1911-1912). Do mesmo xeito, durante longo tempo foi o presidente do Comité de Traballos Históricos de Ministerio de Instrución Pública de Francia.Grenier, A. (1958). Páxina 2.Renou, L. (1958). Páxina 9.
Ademais, foi membro doutras organizacións, como a Liga da Patria Francesa, a Sociedade Francesa de Arqueoloxía, a Sociedade Francesa de Heráldica e Sixilografía, a Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1919) e a Académie des Sciences, Belles-lettres et Arts de Lyon. No ámbito internacional, pertenceu tamén á Royal Numismatic Society, de Londres, á Sociedade Real de Numismática de Bélxica e á American Numismatic Society.
No ámbito editorial, entre 1906 e 1956 dirixiu, xunto con Ernest Babelon, a publicación Revue Numismatique, da Sociedade Francesa de Numismática.Renou, L. (1958). Páxina 8."Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47. Tamén foi codirector da Carte archéologique de la Gaule (1931-1953) e foi membro do comité editorial da revista Gallia.
Recoñecementos (1919): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1934): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións A obra de Adrien Blanchet é moi ampla. Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa carreira:"Blanchet, Jules Adrien 1866-1957 ". Digital Library Numis."Jules-Adrien Blanchet (1866-1957)". Bibliothèque nationale de France."Blanchet, Adrien 1866-1957". WorldCat Identities.
Numismática (1886). Documents pour servir à l'histoire monétaire de la Navarre et du Béarn de 1562 à 1629 . J. Justére, Dax. (1888). Numismatique béarnaise: les graveurs en Béarn. H. Labèque, Dax. (1890). Nouveau manuel de numismatique du moyen age et moderne. Tomo 1 / Tomo 2 (parte 1ª) / Tomo 2 (parte 2ª) / Tomo 3 (atlas). Roret, París. (1892). Études de numismatique. Tome premier. Rollin et Feuardent, París. (1893). Numismatique du Béarn. I: Histoire monétaire du Béarn. Leroux éd., París. (1894). Les Monnaies grecques. Leroux éd., París. (1896). Les monnaies romaines. Leroux éd., París. (1900). Les trésors de monnaies romaines et les invasions germaniques en Gaule. Leroux éd., París. (1900). Congrés international de numismatique réuni à Paris, en 1900 (con H. de Castellane). Société française de numismatique, París. (1901). Études de numismatique. Tome second. Leroux & Rollin et Feuardent, París. (1905). Traité des monnaies gauloises. 1ª parte / 2ª parte. Leroux éd., París. (1912). Manuel de numismatique française. I: Monnaies frappés en Gaule depuis les origines jusqu'a Hugues Capet (con A. Dieudonné). Picard, París. (1916). Manuel de numismatique française. II: Monnaies royales françaises depuis Hugues Capet jusqu'à la Révolution. Picard, París. (1930). Manuel de numismatique française. III: Médailles, jetons, méreaux. Picard, París.
Arqueoloxía (1893-1902). Mélanges d’archéologie gallo-romaine. Vol. I (1893) / Vol. 2 (1902). Leroux éd., París. (1895). Catalogue des bronzes antiques de la Bibliothèque nationale (con E. Babelon), Leroux éd., París. (1900). Les camées de Bourges. Delesques, Caen. (1902). Chronique archéologique de la France, 1901. Picard, París. (1907). Les enceintes romaines de la Gaule. Leroux éd., París. (1908). Recherches sur les aqueducs et cloaques de la Gaule romaine. Picard, París. (1909). Inventaire des mosaïques de la Gaule et de l'Afrique. I: Gaule (con G. Lafaye). Leroux éd., París.
Outras
(1897). Dépenses de la Maison du comte de Provence en 1774. Lechevalier & Cheronnet, París. (1902). Sigillographie française. Picard, París. (1914). Collections sigillographiques de MM. Gustave Schlumberger et Adrien Blanchet (con G. Schlumberger). Auguste Picard, éd., París.
(1920). Trois lettres de l'ancienne Académie des inscriptions et belles-lettres. Académie des inscriptions et belles-lettres, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Babelon, J. (1958). "Nécrologie d’Adrien Blanchet 1866-1957". En Revue numismatique. Serie 6. Tomo I. Páxinas 7-10. Grenier, A. (1958). "Adrien Blanchet (1866-1957)". En Gallia, 16. Páxinas 1-4. Renou, L. (1958). "Éloge funèbre de M. Adrien Blanchet". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres (CRAI). 102-1. Páxinas 7-9. Tessier, G. (1966). "Notice sur la vie et les travaux de M. Adrien Blanchet". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres (CRAI). Páxinas 512-525.
Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática