Franco Cobas González, nado en Boiro o 18 de maio de 1939, é un ex-remeiro galego, que competiu nos Xogos Olímpicos de 1960.

Traxectoria miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Naceu en Boiro, concello no que o seu pai, Franco Cobas Lamas, era alcalde, e durante a súa infancia instalouse en Vigo. Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e, en 1960, despois de se proclamar campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma. Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Emilio García Bengoechea, José Luis Méndez e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.

Posteriormente foi árbitro de remo, chegando a arbitrar nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e nos de Atenas 2004, e en outubro de 2004 foi elixido presidente do Real Club Náutico de Vigo.

Notas

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Boiro Categoría:Remeiros olímpicos de Galicia Categoría:Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1960