Martha Sánchez Néstor, nada en Xochistlahuaca, Guerrero o 4 de febreiro de 1974 e finada en Ometepec, Guerrero o 30 de xullo de 2021, foi unha líder indíxena do pobo amuzgo e unha feminista mexicana.

Traxectoria Durante a súa adolescencia, migrou do seu lugar de orixe, situado no concello de Xochistlahuaca, a Chilpancingo para realizar os seus estudos. Alí traballou no Consello Estatal Electoral, lugar no que coñeceu a outras mulleres con intereses políticos e encargadas da defensa dos dereitos das mesmas. Nese contexto deu inicio a súa participación na defensa dos dereitos das mulleres.

En 1994, incorporouse a traballar no Consello Guerrerense 500 Años de Resistencia Indígena e máis tarde, foi fundadora do Consello da Nación Amuzga Ñe cwii ñ'oom A.C. e da cooperativa de tecedoras Flores de la Tierra Amuzga. Colaborou na creación da Convención Nacional Democrática na Selva Lacandona.

En 2004, participou na conformación da Coordinadora Guerrerense de Mulleres Indíxenas (CGMI), que reuniu ás catro etnias de Guerrero: amuzga, mixteca, náhuatl e tlapaneca. Alí escribiu con outra líder indíxena, Libni Iracema Dircio Chautla, e a académica Gisela Espinosa Damián, a obra titulada "Una nueva intelectualidad femenina en los pueblos indígenas de Guerrero" (Espinosa, Libni, Chautla e Sánchez Néstor, 2010).

Foi unha das defensoras de dereitos das mulleres indíxenas máis sobresalientes pola súa participación na loita polo recoñecemento dos seus dereitos. Pertenceu á Directiva da Coordinación Estatal Indíxena e Afromexicana, foi coordinadora da Alianza de Mulleres Indíxenas de Centroamérica e México, é membro voceira do Consello Directivo do Instituto de Liderado Simone de Beauvoir, así como membro do Consello Cidadán para a Promoción e Defensa dos Dereitos Políticos das Mulleres do INMUJERES.

Morte Martha Sánchez Néstor faleceu o 30 de xullo do 2021, en Ometepec, Guerrero, por complicacións da COVID-19.

Recoñecementos 2005, recibiu o mérito civil "Antonia Nava de Catalán". 2006, foi galardoada co premio civil indixenista "Cuauhtémoc", outorgado polo Goberno do Estado de Guerrero. 2011, foi recoñecida como unha das 100 líderes do mundo máis comprometidas coa saúde das mulleres e nenas, pola organización internacional Women Deliver. Nese mesmo ano, a revista Proceso incluíuna na súa edición especial Heroínas Anónimas. 2012, recibiu a medalla Omecíhuatl, na categoría "Polos destacados achegues ao recoñecemento e exercicio dos dereitos humanos das mulleres", galardón que outorga o Instituto das Mulleres do entón Distrito Federal. 2014, a Comisión de Dereitos Humanos do Distrito Federal entregoulle o premio Ponciano Arriaga, que outorga ás persoas defensoras dos dereitos humanos destacadas. En 2016, a Revista Forbes México, incluíuna na súa lista das 100 mulleres máis poderosas de México.

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados pola COVID-19 en México Categoría:Feministas de México