Kunpengopterus é un xénero de pterosauro do Xurásico descuberto na Formación Tiaojishan do nordeste da China. O xénero conta con dúas especies, a especie tipo K. sinensis, e K. antipollicatus.

Kunpengopterus é coñecido a partir do holotipo IVPP V16047, un esqueleto case completo cun cranio e mandíbula inferior recuperados de rochas da formación Tiaojishan ou os Lechos Daohugou en Linglongta, condado de Jianchang, no oeste de Liaoning. A idade destas capas é debatida. Este fósil comprimido é dun individuo adulto. Ademais dos ósos, algunhas partes brandas foron tamén preservadas e os restos dun posible peixe regurxitado.

Notas

Categoría:Saurópsidos Categoría:Fósiles descritos en 2010