A Tampere Cup é un torneo de hóckey sobre xeo que se disputa cada ano na cidade de Tampere, Finlandia. O torneo é organizado polos dous grandes clubs da cidade finlandesa, o Ilves e o Tappara, sendo este último o equipo que máis veces o gañou con seis.
Historia miniatura|Andrei Mezin defendendo a portería do Metallurg Magnitogorsk na edición de 2008, na que o equipo ruso proclamouse campión. Celebrouse por primeira vez en 1989, cando o Sokol Kíiv soviético derrotou na final a un dos equipos organizadores, o Tappara, por 8-2. En 2008 celebrou a súa vixésima edición consecutiva cun nivel moi alto ao contar con catro equipos na SM-liiga finlandesa (Ilves e Tappara como anfitrións, e Blues e HPK) e dous da recentemente creada Kontinental Hockey League eurasiática (Dinamo Riga e Metallurg Magnitogorsk) Nestes primeiros 20 anos sempre no mesmo escenario, o xeo de Hakametsä, mais tan só en dúas ocasións o trofeo foi entregado a un dos equipos anfitrións, foi en 1996 e 1999, e ambas veces foi o Tappara quen o ergueu. Con todo, a presión das grandes ligas internacionais acabou por eliminalo do calendario. Inicialmente eran oito os equipos participantes, aínda que en 2001 o número reduciuse a seis. Ata 2008 participaran no torneo un total de 47 equipos diferentes de 13 países. Nesta primeira etapa do torneo o campionato quedou en Finlandia un total de sete veces. Os equipos organizadores, Ilves e Tappara, participaron en todas as edicións, mentres que o resto foron cambiando. Logo dos equipos de Tampere o seguinte equipo que máis veces participou foi o Luleå, cun total de 11 edicións. En 2009 deixouse de organizar.
Tampere Cup volveuse organizar en agosto de 2015 baixo o nome de Decens Tampere Cup por motivos de patrocinio. Amais de Ilves e Tappara participaron no torneo Helsingin IFK e Turun Palloseura. O torneo disputouse en dous días e o HIFK de Helsinqui proclamouse campión. Na primeira edición da nova etapa do torneo HIFK, que xa derrotara nas semifinais a TPS, impúxose na final a Ilves 2-6.
O torneo tamén se celebrou en agosto de 2016. Ese aano Tappara celebrou a vitoria final fronte a Turun Palloseura con gol de Jere Karjalainen. No partido polo bronce Ilves derrotou a HIFK (2-1) no tempo suplementario logo de ter finalizado o partido con empate 1-1.
En agosto de 2017 a Tampere Cup contou, ademais de con Ilves e Tappara, con HIFK e Pelicans.
En 2018 o torneo contou cos mesmos participantes que o ano anterior. Tappara proclamouse campión por terceira vez consecutiva logo de derrotar na final a HIFK 4-0. miniatura|Partido polo bronce entre Ilves e HPK durante a edición de 2021 disputada no Tesoman jäähalli. En 2021 a Tampere Cup amais de Tappara e Ilves, participaron KooKoo e HPK. A sede do torneo foi excepcionalmente o Tesoman jäähalli. Ese ano KooKoo conseguiu a súa primeira Tampere Cup.
En 2022 o torneo, denominado por motivos de patrocinio “Aamulehti Tampere Cup”, disputouse por primeira vez no Nokia Arena coa participación de HPK e JYP amais dos equipos organizadores. Ese ano, o campión finlandés, Tappara, alzou a copa logo de derrotar a HPK 3-2, mentres que o outro equipo da cidade, Ilves, fíxose co bronce logo de remontar tres goles fronte ao equipo de Jyväskylä.
Na edición de 2024 o torneo volveu disputarse en Hakametsä e, ademais dos equipos anfitrións, contou coa presenza do IFK de Helsinqui e o HC Davos suízo. Finalmente o equipo de Davos alzouse co torneo logo de impoñerse ao Ilves na final por 1-3.
Logo de dúas edicións con presenza de equipos non finlandeses, en 2025 a Tampere Cup volveu xogarse en Hakametä co IFK de Helsinqui e os Ässät de Pori como equipos invitados. Finalmente os Ässät gañaron por primeira vez a Tampere Cup logo de impoñerse nos shootouts ao gol do xogador sueco Johan Olofsson.
Medallistas AnoCampiónPrataBronce1989 Sokol Kíiv Tappara Ilves1990 Djurgården Luleå Krylja Sovetov1991 Dynamo Moscova Team USA Team Canada1992 Dynamo Moscova Luleå Frölunda1993 Team USA Luleå Ilves1994 HIFK Tappara Frölunda1995 Luleå Team USA CSKA Moscova1996 Tappara Köln Petra Vsetín1997 TPS Köln Tappara1998 HV71 Davos Jokerit1999 Tappara Ilves HIFK2000 Djurgården Košice Kloten2001 Blues Košice Tappara2002 Neftekhimik Nizhnekamsk Tappara HV712003 Kärpät Ilves HV712004 Lions Kärpät Linköping2005 Metallurg Magnitogorsk Blues Lions2006 Metallurg Magnitogorsk Tappara Brynäs2007 Blues Metallurg Magnitogorsk Tappara2008 Metallurg Magnitogorsk Ilves Blues2009-14Non se disputou2015 HIFK Ilves Tappara2016 Tappara TPS Ilves2017 Tappara HIFK Ilves2018 Tappara HIFK Ilves2019 Ilves HIFK Tappara2020 Lukko Tappara Ilves2021 KooKoo Tappara HPK2022 Tappara HPK Ilves2023 Timrå IK Ilves Tappara2024 HC Davos Ilves Tappara2025 Ässät Tappara HIFK2026 JYP Tappara Ilves
Casificación de equipos Equipo 20px Campión 20px Prata 20px Bronce Medallas totais Tappara 6 8 6 20 Metallurg Magnitogorsk 3 1 0 4 HIFK 2 3 2 7 Blues 2 1 1 4 Dynamo Moscova 2 1 1 4 Djurgården 2 0 0 2 Ilves 1 5 8 14 Luleå 1 3 0 4 Team USA 1 2 0 3 Kärpät 1 1 0 2 TPS 1 1 0 2 Davos 1 1 0 1 HV71 1 0 2 3 Lions 1 0 1 2 Sokol Kíiv 1 0 0 1 KooKoo 1 0 0 1 Lukko 1 0 0 1 Neftekhimik Nizhnekamsk 1 0 0 1 Timrå IK 1 0 0 1 Ässät 1 0 0 1 JYP 1 0 0 1 Košice 0 2 0 2 Köln 0 2 0 2 HPK 0 1 1 2 Frölunda 0 0 2 2 Brynäs 0 0 1 1 Team Canada 0 0 1 1 CSKA Moscova 0 0 1 1 Jokerit 0 0 1 1 Kloten 0 0 1 1 Krilia Sovetov 0 0 1 1 Linköping 0 0 1 1 Petra Vsetín 0 0 1 1
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pitsiturnaus
Ligazóns externas Sitio web do Ilves Sitio web do Tappara
Categoría:Eventos deportivos en Tampere Categoría:Hóckey sobre xeo en Finlandia