Roi Fernandiz de Santiago (tamén Roi Fernandiz clérigo) foi un clérigo e trobador galego do século XIII. Documéntase na corte de Afonso X.
Traxectoria Consérvanse moi poucos datos biográficos. A pesar de que a súa obra aparece con dúas firmas distintas (as cantigas de amor como Roi Fernandiz de Santiago e as de amigo como Roi Fernandiz clérigo) hai consenso en crer que son do mesmo autor. A esta conclusión chegouse pola colocación das cantigas nos cancioneros (no grupo de clérigos e na mesma posición con respecto ás obras de Martin Moxa) e por un testamento de 1273 no que se refire a el como natural de Santiago Compostela e clérigo. Este documento realizado en Salamanca, xunto con outra documentación dos inicios da Universidade de Salamanca, reflicten a súa condición de catedrático, suponse que non antes de 1255, descoñecendo de que materia e se impartía clase. Xavier Ron Fernández localizou un documento de 1284 co seu nome referido a el como monxe do convento de San Paio de Antealtares, de ser a mesma persoa, tería falecido máis dunha década máis tarde da data na que realizou o seu testamento.
Obra Consérvanse 25 obras, agrupadas en 18 cantigas de amor e 7 cantigas de amigo.
Notas
Categoría:Trobadores en galego-portugués