Obadele “Oba” Thompson, nado o 30 de marzo de 1976, é un deportista barbadense. Thompson é o gañador da única medalla olímpica dun representante do país. Conseguiu a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2000 en atletismo, na proba de 100 metros lisos. Participou en tres Xogos Olímpicos (1996, 2000 e 2004), e foi finalista en cada un deles. As súas mellores marcas foron 9,87 segundos nos 100 metros, 19,97 segundos nos 200 metros lisos (ámbolos dous récords de Barbados), e 45,38 segundos nos 400 metros lisos. Mantén o récord mundial dos 55 metros lisos en interior (5,99 segundos) dende 1997.

Notas

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Barbados Categoría:Atletas olímpicos de Barbados Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000