Co nome vulgar de lesma de marAtopada en Arousa unha lesma de mar "xigante" en gciencia.com. denomínase os moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros, superorde dos nudipleuros e orde dos nudibranquios.Nudibranchia, Cuvier, 1817 no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2021.
Son gasterópodos mariños de corpo brando que perden as súas cunchas despois do seu estadio larval.Thompson, T. E. (2009): "Feeding in nudibranch larvae". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 38 (2): 239–248. Destacan polas súas cores, a miúdo extraordinarias, e as súas formas rechamantes.Ocean Portal (2017): "A Collage of Nudibranch Colors". Smithsonian National Museum of Natural History. Consultado o 17 de agosto de 2021.
Actualmente recoñécense unhas 3 000 especies de nudibranquios.
Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1817 polo naturalista francés Georges Cuvier, na súa obra Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques.
Etimoloxía O nome científico Nudibranchia está formado pola unión dos elemento Nudi- e -branchia. O primeiro é o xenitivo (como manda a norma) do adxectivo latino nūdus, -a, -um, "espido", e o segundo deriva do substantivo do grego antigo βράγχια bránchia, "branquia". Literalmente, "os de branquias espidas".Nudibranchia no Merriam Websters Dictionary.
Subordes A orde comprende soamente dúas subordes: Cladobranquios (Cladobranchia) Dorídinos (Doridina)
Características Caracterízanse por teren o corpo, de simetría bilateral, non segmentado, cunha cavidade ou celoma no seu interior onde se sitúan os órganos, unha cabeza diferenciada con órganos sensoriais e un pé musculoso na parte ventral, que serve de medio de locomoción.
Non teñen cuncha nin opérculo, e a súa variada e rechamante coloración alerta da súa gran toxicidade. Porén, algunhas especies teñen o corpo transparente e a capacidade para emitiren luz.
As especies máis grandes poden alcanzar os 40 cm. Respiran por branquias que teñen distintas formas e localízanse en distintas zonas do corpo. Posúen dous órganos sensoriais, a xeito de cornos, moi coloreados, situados na cabeza, denominados rinóforos.
En Galicia Os investigadores do Grupo do Estudo do Medio Mariño de Galicia (GEMM) crían que a lesma de mar que atoparan na ría de Arousa era unha especie xa descrita (Tritonia hombergii), que se pode encontrar en augas máis ao norte. Porén, decidiron estudala polo miúdo, e acabaron descubrindo que estaban ante unha nova especie de lesma de mar, non descrita até agora. E ademais trátase dunha das de maior tamaño do planeta entre os seus parentes da orde, con case 20 cm, polo que o GEMM cualificouna como "xigante". É a Marionia gemmi,Marionia gemmii Almón, Pérez & Caballer, 2018 no WoRMS. así bautizada na honra do GEMM, que ademais destaca pola súa capacidade para desprazarse nadando grazas ás contraccións que pode facer o seu corpo, un trazo que lle permite moverse pola columna de auga e arrastrarse coa corrente lonxe dos perigos potenciais.
Marionia gemmi é unha especie moi próxima a M. blainvillea, da que se diferencia polo seu maior tamaño (até 20 cm contra 6 cm) e a cor, basicamente crema con manchas vermellas e brancas dispersas. M. gemmi nunca ten as raias dorsais vermellas ou alaranxadas brillantes e as poucas raias transversais esbrancuxadas que ten M. blainvillea. Os seus rinóforos son totalmente beixes.Marionia en Doris .
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Almón, B., Pérez, J. & Caballer, M. (2018): "Expect the unexpected: a new large species of Marionia (Heterobranchia: Nudibranchia: Tritoniidae) from western Europe". Invertebrate Systematics 32 (4): 892-908. Coleman, Neville (2008): Nudibranchs Encyclopedia: Catalogue of Asia/Indo-Pacific Sea Slugs. Neville Coleman's Underwater Geographic. ISBN 0-9473-2541-7. Thompson, T. E. (1976): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 1. Ray Society, nº 151. ISBN 978-0-9038-7404-5. Thompson, T. E., & G. H. Brown (1984): Biology of opisthobranch molluscs Vol. 2. Ray Society, nº 156. ISBN 978-0-9038-7418-2.
Outros artigos Heterobranquios Opistobranquios Lista de gasterópodos de Galicia
Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia