Gladys Georgianna Greene, nada en Plattsburgh, Nova York, o 17 de outubro de 1900 e finada en Carmel-by-the-Sea, California, o 19 de xuño de 1991, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jean Arthur.
Traxectoria Arthur debutou no cinema mudo co filme Cameo Kirby (1923), de John Ford, e despois protagonizou algúns outros filmes. Tomou o seu nome artístico dos seus dous grandes heroes, Xoana de Arco ("Jeanne d'Arc") e o rei Artur ("Arthur"). Coa chegada do sonoro, a súa peculiar voz nasal converteuna en estrela. En 1935, traballou xunto con Edward G. Robinson no filme The Whole Town's Talking, tamén de John Ford, co que comezou a facerse popular.
En 1936, tivo como compañeiro a Gary Cooper en Mr. Deeds Goes to Town, dirixido por Frank CapraOller 1997, p. 85-86. e en 1939 foi a protagonista doutro filme de Capra, Mr. Smith Goes to Washington, que serviu para consolidar a súa carreira. En 1943 foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu papel en The More the Merrier, de George Stevens.
A súa carreira comezou a decaer a mediados da década de 1940 e retirouse da escena. En 1948, protagonizou A Foreign Affair, e finalmente o seu derradeiro papel foi nun clásico do western, Raíces profundas (1953), que foi o seu único filme en cor.Anthony, Elizabeth. "Jean Arthur at Screen Classics." Reelclassics.com, 21 de xullo de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2010.
Tras retirarse dedicouse ao ensino da interpretación no Vassar College. Regresou brevemente á interpretación na década de 1960 ao interpretar unha comedia televisiva.Sarvady et al. 2006, p. 17.
Jean Arthur faleceu nunha residencia de anciáns de Carmel, California, por mor dun fallo cardíaco. Tiña 90 anos e vivía retirada coidando o seu xardín dende había 35 anos. A petición expresa súa non houbo cerimonia funeraria. Foi incinerada e as súas cinzas foron esparexidas na costa de Punta Lobos, California.
Vida persoal O primeiro matrimonio de Arthur, co fotógrafo Julian Anker en 1928, foi anulado o día seguinte.Oliver, Myrna. "Jean Arthur Dies; Comedy Film Star of the '30s and '40s." Articles.latimes.com, 20 de xullo de 1991. Consultado o 14 de agosto de 2010. Casou co produtor Frank Ross Jr. en 1932. Divorciáronse en 1949.Sarvady et al. 2006, p. 17. Non tivo descendencia.
Filmografía Mr. Deeds Goes to Town (1936) The Plainsman (1936) You Can't Take It With You (1938) Mr. Smith Goes to Washington (1939) Only Angels Have Wings (1939) Arizona (1940) The Devil and Miss Jones (1941) The Talk of the Town (1942) The More the Merrier (1943) A Foreign Affair (1948) Raíces profundas (1953)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Capra, Frank. Frank Capra, The Name Above the Title: An Autobiography. Nova York: The Macmillan Company, 1971. Harvey, James. Romantic Comedy in Hollywood: From Lubitsch to Sturges. Nova York: Knopf, 1987. Oller, John. Jean Arthur: The Actress Nobody Knew. Nova York: Limelight Editions, 1997. Parish, James Robert. The Hollywood Book of Death: The Bizarre, Often Sordid, Passings of More Than 125 American Movie and TV Idols. Nova York: Contemporary Books, 2002. Parish, James Robert. The Hollywood Book of Extravagance: The Totally Infamous ... Hoboken, New Jersey: John Wiley and Sons, 2007. Sarvady, Andrea, Molly Haskell and Frank Miller. Leading Ladies: The 50 Most Unforgettable Actresses of the Studio Era. San Francisco: Chronicle Books, 2006. Stenn, David. Clara Bow: Runnin' Wild. Nova York: Doubleday, 1988. Ligazóns externas Información sobre Jean Arthur Classic Movies (1939 - 1969): Jean Arthur
Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia norueguesa Categoría:Paseo da Fama de Hollywood