O estrañoO estraño (en ) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Orson Welles. Está protagonizado por Edward G. Robinson, Loretta Young e Orson Welles. Foi o primeiro filme noir de Welles e conta a historia dun investigador de crimes de guerra que busca un fuxitivo nazi nunha vila de Connecticut. É o primeiro filme de Hollywood en presentar material documental do Holocausto. A historia orixinal de Victor Trivas foi nomeada aos Premios Óscar.
Estreouse subtitulado en galego o 15 de xullo de 1995 a través da TVG.
Sinopse Wilson é un membro da comisión de crimes de guerra que está a buscar a Franz Kindler, un dos cerebros do holocausto, que borrou o rastro da súa identidade. Para atopalo, Wilson segue un antigo camarada de Kindler chamado Meinike ata Harper, Connecticut, onde este último é asasinado por Kindler antes de que Wilson poida identificalo. A única pista que lle queda é a fascinación do criminal nazi polos reloxos antigos.
Personaxes Edward G. Robinson como Mr. Wilson Loretta Young como Mary Longstreet Rankin Orson Welles como Franz Kindler/Profesor Charles Rankin Philip Merivale como Xuíz Adam Longstreet Richard Long como Noah Longstreet Konstantin Shayne como Konrad Meinike Byron Keith como Dr. Jeffrey Lawrence Billy House como Mr. Potter Martha Wentworth como Sara Isabel O'Madigan como Mrs. Lawrence Pietro Sosso como Mr. Peabody Erskine Sanford como Party Guest Theodore Gottlieb como Farbright
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1946 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Orson Welles Categoría:Filmes de 1946 con versión en galego Categoría:Filmes sobre o holocausto