Gert Hofmann, nado en Limbach-Oberfrohna (Imperio Alemán) o 29 de xaneiro de 1931 e finado en Erding (República Federal Alemá) o 1 de xullo de 1993, foi un escritor alemán.
Traxectoria Gert Hofmann naceu en Limbach-Oberfrohna (Saxonia). En 1948 trasladouse coa súa familia a Leipzig, onde asistiu á escola de linguas estranxeiras e pasou as exames para tradutor e intérprete de ruso e inglés. Na Universidade de Leipzig comezou estudos de linguas románicas, xermanas, eslavas e inglés. O ano 1951 marchou da República Democráitica Alemá e estableceuse en Friburgo, República Federal Alemá, onde continuou os es seus estudos de linguas, aos que engadiu os de Socioloxía e Ciencias Políticas. En 1957 obtivo o doutoramento en Filosofía cun traballo sobre Henry James.
A partir de 1961 foi profesor de Xermanística en universidades de Francia, Reino Unido e os Estados Unidos de América. Entre 1971 e 1980 viviu en Klagenfurt, Alemaña, ensinando , a un tempo, na Universidade de Liubliana.(Iugoslavia). En 1980 estableceuse coa súa familia en Erding, Baviera, onde morreu dun derramo cerebral.
A produción literaria de Gert Hofmann comeza nos anos 1960 con pezas de radioteatro e algunhas obras teatrais. A partir de 1979 publicou unha serie de relatos e novelas que o fixeron coñecido entre un público máis amplo. Nas súas obras dramáticas Hofmann aborda temas de crítica social, mentres que a súa narrativa, que foi comparada coa de Thomas Bernhard, trata de personaxes traumatizadas física ou moralmente que viven nun mundo cruel e desacougante. Os temas da represión do recordo do pasado alemá e as súas consecuencias son recorrentes na obra de Hofmann.
Membro dende 1987 da Deutschen Akademie für Sprache und Dichtung, recibiu pola súa obra o premio Ingeborg-Bachmann, o premio Alfred Doblin e o Literaturpreis der Landeshauptstadt München.
Foi pai do poeta e tradutor Michael Hofmann.
Obra Obras escollidas
Der Bürgermeister, obra teatral, 1963. Der Sohn, obra teatral, 1966. Advokat Patelin, obra teatral, 1976. Die Denunziation, relato, 1979. Die Fistelstimme, novela, 1980. Fuhlrotts Vergeßlichkeit und Portrait eines uns bekannten Kopfes, dous relatos, 1981 Gespräch über Balzacs Pferd, relatos,1981. Die Überflutung, radio teatro, 1981. Auf dem Turm, novela,1982. Die Rückkehr des verlorenen Jakob Michael Reinhold Lenz nach Riga, relato,1984. Unsere Eroberung, novela,1984. Der Blindensturz, relato, 1985. Veilchenfeld, relato, 1986 Die Weltmaschine, relato, 1986. Casanova und die Figurantin, novela curta, 1987. Unsere Vergeßlichkeit, novela, 1987. Vor der Regenzeit, novela, 1988. Der Kinoerzähler, novela 1990 (levada ao cine en 1993). Tolstois Kopf, contos, München [u. a.] 1991 Das Glück, Roman, 1992. Die kleine Stechardin, novela, 1994.
Notas
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Finados en 1993 Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Profesores da Universidade de Liubliana