Thabo Patrick Sefolosha, nado o 2 de maio de 1984 en Vevey, é un ex xogador suízo de baloncesto profesional que pasou a meirande parte da súa traxectoria coma xogador na National Basketball Association (NBA). En 2006 converteuse no primeiro xogador suízo en xogar na NBA.

Traxectoria profesional NBA Sefolosha foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Rodney Carney.ESPN article on the 2006 NBA Draft

O 19 de febreiro de 2009, Sefolosha foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2009. Na tempada 2009-10, foi escollido no segundo mellor equipo defensivo da NBA.

En outubro de 2011, durante o lockout da NBA, Sefolosha asinou co Fenerbahçe SK turco, pero tan só para partidos da Euroliga. O acordo co Fenerbahçe permitía ao xogador volver ós Thunder unha vez rematase o lockout. Durante a Euroliga 2011-12 disputou sete partidos co equipo turco. Ó remate desa mesma tempada, Sefolosha e os Thunder disputaron as Finais da NBA, onde perderon contra os Miami Heat.

O 15 de xullo de 2014, Sefolosha foi traspasado xunto os dereitos de Giorgos Printezis ós Atlanta Hawks, a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.

O 18 de xullo de 2017, Sefolosha acordou cos Utah Jazz un contrato por varios anos.

O 23 de setembro de 2019, Sefolosha asinou un contrato dun ano cos Houston Rockets.

O 31 de marzo de 2021, Sefolosha anunciou a súa retirada coma xogador profesional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Xogadores de baloncesto de Suíza Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do Pallacanestro Biella Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Houston Rockets