Claudino Domínguez Reboredo, nado no Irixo cara a 1885 e finado no mesmo concello o 2 de agosto de 1936, foi un labrego e sindicalista galego.
Traxectoria
Da casa dos Chanqueiros de Loureiro, casado en Reádigos. Membro do Sindicato de Construcións do Ferrocarril do Carballiño a Lalín. En abril de 1936 denunciou o cura de Reádigos ante o Instituto da Reforma Agraria por posuír 200 ferrados de labrado e lameiros polos que non pagaba contribución, e que eran propiedade do Estado. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado por José Villanueva Villanueva e outro mozo falanxista de Santa María do Campo, que abandonaron o cadáver no quilómetro 12 da estrada O Carballiño-Silleda.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Memoria
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Irixo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936