miniatura|Placa na estación marítima do peirao de cruceiros "Alberto Durán Nuñez", no Porto de Vigo.

Alberto Durán Núñez, nado en Vigo o 17 de abril de 1940 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2008, foi un político e empresario naval galego.

Traxectoria Descendente dunha antiga familia consignataria de buques, perito mercantil, foi deputado polo Partido Popular no Congreso dos Deputados (1982-1996). Foi concelleiro do Concello de Vigo, primeiramente de portos e lonxas e despois de turismo. Tamén foi deputado no Parlamento de Galicia na quinta lexislatura (1997-2001). Trala súa xestión no caso do Polycommander, foi nomeado cónsul xeral de Noruega e Suecia en Galicia. Foi socio da Cámara de Comercio Hispano-Sueca, vicepresidente da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da Provincia de Pontevedra, e membro do Consello Asesor de TVE-Galicia.

Casou en 1967 con Mª Carmen Hernández Eraso, coa que tivo dous fillos, Alberto e Elena Durán Hernández.

O día 21 de novembro de 2008 faleceu nun hospital de Vigo despois dunha longa enfermidade.

Véxase tamén Bibliografía Viento en Popa (en PDF 7 MB), n.º 1, pp. 50–51, cuarto trimestre 2010. Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Políticos de AP Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra