miniatura|Mapa etnolingüístico de Myanmar. O pobo birmano (ou bamar) en laranxa escuro.

O nacionalismo bamar ou birmano (en ) é o nacionalismo étnico que promove a identidade cultural e intereses do pobo bamar sobre os outros grupos étnicos en Myanmar.

Historia Myanmar foi considerado ao longo da historia como un dos estados máis poderosos do Sueste asiático. Durante o Imperio de Pagan e as dinastías Toungoo e Konbaung, foi considerado a segunda potencia rexional, só por detrás da China.

O nacionalismo birmano xurdiu como unha resposta para derrocar o dominio británico. Os británicos aliáronse coas minorías étnicas contra a maioría dos bamar, a miúdo empregando ás minorías étnicas para dominar ao pobo bamar. O nacionalismo medrou durante a Birmania británica e o apoio británico ás minorías contra os birmanos motivou a idea dun estado birmano unificado étnica e relixiosamente e gobernado polo pobo bamar, e co budismo theravada como relixión dominante. Entón, o nacionalismo birmano volveuse máis restritivo e dominante. Cando o Imperio Británico comezou a retirarse de Birmania, o nacionalismo volveuse na contra das minorías, ás cales consideraron desleais coa nación birmana. Isto provocou que en 1948 comezase un conflito armado en Myanmar que continúa até o presente.

Notas

Categoría:Nacionalismo birmano