Os ÁnxelesDicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega. VVAA. Editorial Galaxia. 2004Os Ánxeles en (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.Os Ánxeles en e (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas UVIGO ISBN 84-8158-266-2., Los Angeles ou Los Ángeles"Ángeles, Los" en (, normalmente abreviado como L.A.; ) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3898747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9% en 10 anos.
A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente. É, polo tanto, unha das áreas metropolitanas máis grandes do mundo e a segunda dos Estados Unidos. A cidade é tamén a sede do Condado dos Ánxeles, un dos condados máis poboados e etnicamente diversos do país.; a propia cidade dos Ánxeles é recoñecida como unha das metrópoles máis diversas do planeta.
A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.
Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.
O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.
Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".
Historia
miniatura|esquerda|upright|Felipe de Neve liderou aos poboadores dos Ánxeles na fundación da cidade en 1781. A área da costa dos Ánxeles estivo habitada polos tongva (ou gabrieleños), chumash, e por outros pobos nativos americanos máis antigos durante miles de anos. Os primeiros europeos que chegaron fixérono en 1542, dirixidos por João Cabrilho, un explorador portugués que proclamou a área Cidade de Deus para o Imperio Español, pero continuou a súa viaxe sen asentarse no lugar. A área dos Ánxeles, do mesmo xeito que todo o estado de California, foi incluída a mediados do século XVI no Vicerreinado de Nova España. O 2 de agosto de 1769, 227 anos máis tarde, Gaspar de Portolà conxuntamente co misioneiro franciscano Juan Crespí chegaron ao lugar onde actualmente atópase a cidade. Crespí deu nota de que o sitio presentaba un gran potencial como lugar de asentamento.
No 1771, frei Junípero Serra dirixiu e construíu preto de Whittier Narrows no que agora é chamado o val de San Gabriel (San Gabriel Valley) a misión San Gabriel Arcángel a primeira misión da zona. En 1777, o novo gobernador de California, Felipe de Neve, recomendou ao vicerreinado de Nova España que o lugar fora convertido nun "pueblo" (vila).
A cidade foi fundada o 4 de setembro de 1781, co nome de "El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles de Porciúncula" (O Pobo da nosa Señora a Raíña dos Ánxeles de Porciúncula), por un grupo de 44 persoas, procedentes do vicerreinado de Nova España, coñecidos como "Los Pobladores" Os fundadores que saíron da misión de San Gabriel para estableceren unha colonia ao longo das ribeiras do río Porciúncula (agora río dos Ánxeles), eran de orixe indíxena e español, sendo dúas terceiras partes de orixe mestizo ou mulato (unha mestura de ascendencia africana, indíxena e europea); de feito, a maioría tiña ascendencia africana. Mulroy, Kevin, et. al, eds, Seeking El Dorado:African Americans in California (Los Angeles: Autry Museum of Western Heritage, 2001): 79. "Os rexistros coloniais demostran que 26 dos 44 fundadores tiñan ascendencia africana". A igrexa de Nuestra Señora Reina de los Ángeles foi o corazón da colonia. A cidade actual ten a Arquidiocese católica máis grande dos Estados Unidos. Quedou coma unha vila de ranchos durante décadas, pero arredor de 1820 a poboación crecera ata preto de 650 residentes, converténdose así na comunidade civilizada (non misión) máis grande da California española. Hoxe en día a denominación do "Pueblo" consérvase nun monumento histórico chamado familiarmente Olvera Street, antigamente Wine Street, chamado dese xeito por un xuíz local chamado Agustín Olvera.
O Vicerreinado de Nova España conseguiu a independencia do Imperio Español no 1821, e o "pueblo" seguiu como parte de México. Durante o dominio mexicano, o gobernador Pío Pico fixo dos Ánxeles a capital rexional da Alta California. Neste momento, a nova república introduciu máis actos de secularización na rexión dos Ánxeles. O goberno mexicano rematou durante a guerra mexicano-estadounidense, cando os estadounidenses tomaron o control dos californianos tras unha serie de batallas defensivas que incluíron o asedio dos Ánxeles, a batalla de San Pascual, a batalla de Dominguez Rancho, e finalmente, a batalla do río San Gabriel e a batalla de La Mesa en 1847. O Tratado de Cahuenga, asinado o 13 de xaneiro de 1847, puxo fin á guerra de California. Máis tarde, co Tratado de Guadalupe Hidalgo no 1848, o goberno mexicano cedeulle formalmente Alta California e outros territorios aos Estados Unidos. Europeos e americanos asentaron o control sobre a cidade despois de ter inmigrado a California durante a Gold Rush (febre do ouro) e aseguraron a posterior admisión de California nos Estados Unidos en 1850.
Os ferrocarrís chegaron coa finalización da liña transcontinental do Pacífico Sur de Nova Orleáns a Os Ánxeles en 1876 e o ferrocarril de Santa Fe en 1885. O petróleo foi descuberto na cidade e os seus arredores en 1892, e en 1923, os descubrimentos axudaran a California a converterse no maior produtor de petróleo do país, representando preto dunha cuarta parte da produción mundial do petróleo. Para 1900, a poboación superaba os 102000 habitantes, o cal comezou a meter presión ás reservas de auga na cidade. miniatura|upright|Hill Street, mirando ao norte desde a rúa 6, (c. 1913). Os sitios notables inclúen Central Park (actual Pershing Square) (as árbores, abaixo á esquerda), o Hotel Portsmouth (abaixo á dereita) e o túnel de Hill Street (ao final da rúa). Os Ánxeles creou a primeira ordenanza municipal de zonificación nos Estados Unidos. O 14 de setembro de 1908, o Consello da cidade dos Ánxeles promulgou as zonas de uso do chan residencial e industrial. A nova ordenanza estableceu tres zonas residenciais dun só tipo, onde se prohibían os usos industriais. As prohibicións incluían hórreos, parques de madeira e calquera uso industrial do solo que empregase equipos accionados por máquinas. Estas leis foron aplicadas contra as propiedades industriais despois do feito. A estas prohibicións sumáronse ás actividades existentes que xa estaban reguladas como molestas. Estes incluíron almacenamento de explosivos, plantas de gas, extracción de petróleo, matadoiros e curtidorias. O Concello dos Ánxeles tamén designou sete zonas industriais dentro da cidade. Con todo, entre 1908 e 1915, o Concello dos Ánxeles creou varias excepcións ás amplas proscricións que se aplicaban a estas tres zonas residenciais e, como consecuencia, xurdiron algúns usos industriais dentro delas. Hai dúas diferenzas entre a Ordenanza de Distritos Residenciais de 1908 e as leis de zonificación posteriores dos Estados Unidos. En primeiro lugar, as leis de 1908 non estableceron un mapa de zonificación global como o fixo a Ordenanza de zonificación da cidade de Nova York de 1916. En segundo lugar, as zonas residenciais non distinguían os tipos de vivenda; trataban por igual os apartamentos, os hoteis e as vivendas unifamiliares. En 1910, Hollywood fusionouse cos Ánxeles, con 10 compañías cinematográficas que xa operaban na cidade nese momento.
A construción do Acueduto dos Ánxeles en 1913 baixo a supervisión de William Mulholland asegurou o crecemento da cidade. En 1915, comezou a anexión de ducias de comunidades veciñas, as cales non podían abastecerse de auga pola súa conta. O filme de 1974 Chinatown presenta un relato ficticio da guerra da auga de Owens Valley. miniatura|upright|O Concello dos Ánxeles nunha fotografía tomada en 1931. Na década de 1920 as industrias cinematográfica e de aviación acudiron en gran número aos Ánxeles e axudaron o seu maior desenvolvemento. En 1921, máis do 80 por cento da industria cinematográfica mundial estaba concentrada nos Ánxeles. O diñeiro xerado pola industria mantivo a cidade illada de gran parte das perdas económicas sufridas polo resto do país durante a Gran Depresión. En 1930, a poboación superou o millón de habitantes. A cidade foi a orgullosa anfitrioa dos xogos Olímpicos de 1932 que viron o desenvolvemento das Baldwin Hills coma a vila Olímpica Orixinal. Este período tamén viu a chegada dos exiliados da tensión prebélica que se incrementaba en Europa, incluíndo a notables coma Thomas Mann, Fritz Lang, Bertolt Brecht, Arnold Schönberg e Lion Feuchtwanger. A segunda guerra mundial levou novo crecemento e prosperidade á cidade, aínda que moitos dos seus residentes xaponés-americanos foron levados a campos de internamento durante o que durou a guerra. Os anos de posguerra viron aínda unha maior prosperidade e unha expansión descontrolada que levaron a cidade ata o Val de San Fernando.
Os disturbios de Watts de 1965 e os "rebentóns" de Chicano High School xunto coa Moratoria de Chicano de 1970 mostrou á nación as profundas divisións raciais que existían na cidade. En 1969, Os Ánxeles foi un dos dous lugares de nacemento de Internet, xa que a primeira transmisión ARPANET se enviou desde UCLA a SRI en Menlo Park. Os Ánxeles foi unha das primeiras cidades en aceptar un proxecto de lei sobre os dereitos dos homosexuais na década de 1970 e a primeira na que na década de 1980 se descubriu a SIDA.
Os Xogos Olímpicos de 1984 celebráronse nos Ánxeles. Entre mediados e finais dos anos oitenta Os Ánxeles foi a capital da escena da música heavy metal. A cidade foi de novo probada polos disturbios dos Ánxeles de 1992, o terremoto de Northridge de 1994, e no 2002, o intento de secesión por parte das seccións do Val de San Fernando e Hollywood da cidade, as cales foron rexeitadas nas votacións. A modernización urbana e o aburguesamento tiveron lugar en varias zonas da cidade, pero máis notablemente no Downtown ou centro.
Xeografía Topografía miniatura|Santa Monica, Westwood e Marina del Rey, e mais Val de San Fernando detrás das montañas. De acordo coa oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 1290,6 km², dos cales 1214,9 km² son terra e 75,7 km² son auga. A cidade esténdese 71 km de norte a sur nos seus puntos máis afastados, e 47 km en dirección leste-oeste. O perímetro da cidade é de 550 km. A área terrestre é a novena máis grande das cidades da zona continental dos Estados Unidos.