Conrado I de Borgoña, realmente Conrado I de Argenau e máis tarde Conrado I de París e Auxerre, coñecido como Conrado o Vello Xenealoxía en Medieval Lands, nado ao redor do 800 e finado un 22 de marzo entre o 862 e o 866, foi un nobre carolinxio fillo de Welfo I conde de Baviera e de Helwigis (c. 775-883).

Traxectoria

Foi conde de Argenau (ata 858), e despois nomeado conde de Auxerre (c. 853) e conde de París (c. 858) e abade leigo de Saint-Germain d'Auxerre e Saint-Gall. Ocupou estes cargos ata a súa morte (entre 862 e 864). En París sucedeuno o seu sobriño Conrado (fillo do seu irmán Rodolfo Conde de Sens, e en Auxerre o seu fillo Conrado II (duque de Borgoña Transxurana) pero pronto os dous foron depostos polo rei Carlos o Calvo.

Familia Pertencía á antiga casa de Welf, os seus tres irmáns eran:

Rodolfo (falecido no 866), conde de Ponthieu (c. 855-866) e Sens (c. 855-866), abade laico de Jumièges e Saint-Riquier, pai de Welf (coñecido como Welfón, diminutivo de Welf), conde de Sens (866-881); Conrado, conde de París (862/864) e Sens (881); Hugo (relixioso) e Rodolfo conde de Augstgau. Xudite de Baviera, segunda esposa de Lois o Piadoso. Emma de Baviera, esposa de Luís o Alemán.

Matrimonios e descendentes Casou con Adelaida de Alsacia, tamén Adelaida de Tours (nada c. 805 e finada despois de 866), filla de Hugo III de Tours da Alta Alsacia, alcumado o Preguiceiro (m. 837), conde de Sundgau e conde de Tours. Tivo cinco (ou quizais seis) fillos:

Conrado II de Borgoña (m. 876 ), conde de Auxerre (c. 862/864), duque de Borgoña Transxurana (858-864). Welfo II (m. 858) que foi conde en Alpgau e pai de Conrado (conde en Linzgau) e Eticón (conde en Ammergau). Hugo Abade (c. 830 - m. 886) abade de Saint-Germain d'Auxerre, Noirmoutier, Saint-Riquier, Saint-Bertin e Saint-Martin de Tours, e arcebispo de Colonia do 864 ao 870. Xudite, muller de Udón de Neustria conde de Lahngau (fillo de Xebardo conde de Niederlahngau). Rodolfo. Probablemente Emma, muller de Roberto o Forte.

Notas

categoría:nados no século IX categoría:finados no século IX categoría:condes de Borgoña categoría:condes de París categoría:condes de Auxerre