A Liga Galega Feminina de Traiñeiras é unha liga que se formou nos anos nos que houbo máis dunha traiñeira galega feminina para poder facer regatas.
Historia e estrutura Nos anos 2009 e 2010 contouse coa participación de tres traiñeiras. A liga relanzouse en 2014 e o número de traiñeiras e regatas aumentou ano a ano.
Palmarés Ano Campioa Segunda Terceira 2009 Rías Baixas Mecos Artabria 2010 Rías Baixas Artabria O Grove 2011-2013 Non se disputou 2014 Samertolameu Cabo da Cruz Tirán 2015 Cabo da Cruz San Martiño (Mecos) Chapela 2016 Cabo da Cruz Chapela A Cabana-Ferrol 2017 Mecos-Ribeira A Cabana-Ferrol Chapela 2018 Náutico de Ribeira A Pobra-Cabo Perillo 2019 Mecos-Coruxo Cabo da Cruz Perillo 2020 Cabo da Cruz Tirán Perillo 2021 Cabo da Cruz Chapela Perillo
Datos Postos Equipo Gañadora Segunda Terceira Cabo da Cruz 4 3 0 Mecos 2 2 0 Rías Baixas 2 0 0 Náutico de Ribeira 2 0 0 Samertolameu 1 0 0 Coruxo 1 0 0 Chapela 0 2 2 Artabria 0 1 1 A Cabana-Ferrol 0 1 1 Tirán 0 1 1 A Pobra 0 1 0 Perillo 0 0 4 O Grove 0 0 1
Patroas Patroa Vitorias Anos Natalia Tubío 4 2015, 2016, 2017, 2018 Laura Hermo 2 2009, 2010 María López 1 2014 Laura Romero 1 2019 Andrea Collazo 1 2020 Alba Domínguez 1 2021
Participacións Equipo Participacións Ano Cabo da Cruz 8 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 Chapela 6 2015, 2016, 2017, 2019, 2020, 2021 Perillo 5 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 Mecos 4 2009, 2015, 2017, 2019 Tirán 4 2014, 2019, 2020, 2021 Náutico de Ribeira 3 2017, 2018, 2021 Mugardos 3 2018, 2019, 2021 Rías Baixas 2 2009, 2010 Artabria 2 2009, 2010 A Cabana-Ferrol 2 2016, 2017 Samertolameu 2 2014, 2020 A Pobra 2 2018, 2021 Rianxo 2 2020, 2021 O Grove 1 2010 Vilaxoán 1 2018
Liga Ano Equipos Regatas 2009 3 3 2010 3 4 2011-2013 - - 2014 3 4 2015 3 7 2016 3 6 2017 5 5 2018 5 8 2019 6 8 2020 6 7 2021 8 10
Edicións Liga de 2009 Competiron tres equipos e realizáronse tres regatas. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Rías Baixas*(Chapela+Samertolameu+Cabo Cruz) 9 Laura Hermo 2: Boiro, Ferrol 2 Mecos 6 Tania Barreiros 1: Marcha das mulheres (Oleiros) 3 Artabria(A Cabana+S.Felipe+Ares+Perillo) 3 Pindusa Vázquez
Liga de 2010 Competiron tres equipos e realizáronse catro regatas. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Rías Baixas(Samertolameu+Cabo Cruz+Bueu) 12 Laura Hermo 4: Vigo, Ferrol, Boiro, Vilaxoán 2 Artabria(A Cabana+S.Felipe+Perillo) 6 Pindusa Vázquez 3 O Grove(Amegrove+Vilaxoán) 6 Tania Barreiros
Liga de 2014 Participaron tres equipos e por primeira vez foron representantes dos clubs. Disputáronse catro regatas: a de Cangas, a do Grove, a de Teresa Herrera (na Coruña) e a de Ferrol. Todos elas gañounas a Sociedade Deportiva Samertolameu.
Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Samertolameu 12 María López 4: Cangas, O Grove, Teresa Herrera, Ferrol 2 Cabo da Cruz 7 Natalia Tubío 3 Tirán 4 Laura Romero
Liga de 2015 Nesta ocasión competiron 3 equipos e disputáronse oito regatas. Cabo da Cruz gañou todas as regatas pero non participou na da Virxe do Carme.
Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Cabo da Cruz 21 Natalia Tubío 6: Bueu, Rianxo, Carril, Cangas, A Pobra, Mera 2 San Martiño (Mecos) 11 Mónica Torres 3 Chapela 9 María Comesaña 1: Virxe do Carme (non puntuábel)
Liga de 2016 Unha vez máis, tres equipos formaron a liga e disputaron seis regatas. De todos os xeitos, as regatas de Chapela e Perillo non foron puntuábeis xa que Cabo da Cruz militou eses días na Liga Euskotren. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Cabo da Cruz 12 Natalia Tubío 4: O Grove, Narón, A Cabana, Ribadeo 2 Chapela 7 María Comesaña 3 A Cabana-Ferrol 5 Pindusa Vázquez 2: Chapela*, Perillo*
Liga de 2017 Por vez primeira aumenta o número de traiñeiras que compiten na liga, en concreto a cinco. Disputaron seis regatas e Mecos gañounas todas.
Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Mecos-Ribeira 30 Natalia Tubío 6: Oleiros, O Grove, Vilaxoán, Redondela, Ferrol, Teresa Herrera 2 A Cabana-Ferrol 19 María Pérez 3 Chapela 17 Noemi Abella 4 Cabo da Cruz* 16 Andrea Collazo 5 Perillo 7 Candela Ordóñez Cabo da Cruz non participou na bandeira do Grove ao presentarse á regata clasificatoria para a Liga Euskotren.
Liga de 2018 Participaron cinco equipos, dous deles novos. En total, ía haber 10 xornadas pero 9 bandeiras, mais polos incidentes na bandeira Teresa Herrera disputouse fóra da Liga e polo tanto só houbo oito regatas puntuábeis. Posto Equipos Puntos Patroa Vitorias 1 Náutico de Ribeira 40 Natalia Tubío 8: Baiona, Vilaxoán, A Pobra, Oleiros, Boiro, Ribeira, Mugardos, Ares 2 A Pobra-Cabo 30 Alba Domínguez 3 Perillo 25 Candela Ordóñez 4 Vilaxoán 15 5 Mugardos 9
Liga de 2019 Participaron seis equipos e disputaron oito bandeiras. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Mecos-Coruxo 47 Laura Romero 7: Redondela, Oleiros, Boiro, Vigo, Fandicosta, Reganosa, Teresa Herrera 2 Cabo da Cruz 38 Alba Domínguez 1: Virxe do Carme 3 Perillo 30 Candela Ordóñez 4 Tirán 29 Nerea Mouzo 5 Mugardos 13 6 Chapela 11
Liga de 2020 Participaron seis equipos e disputáronse sete regatas. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Cabo da Cruz 35 Andrea Collazo 5: Boiro, Redondela, Tirán, Rianxo, Perillo 2 Tirán 28 Nerea Mouzo 1: Meira 3 Perillo 26 4 Samertolameu 16* 5 Chapela 15 María Fernández 6 Rianxo 7 *Samertolameu non participou en dúas regatas porque unha remeira deu positivo en COVID-19. Concedéuselles 3 puntos por regata, que era a media de puntos obtidos en regatas anteriores.
Liga de 2021 Competiron oito equipos e disputáronse dez regatas, a última a bandeira Teresa Herrera. Por mor dos positivos en COVID-19, varias traiñeiras non puideron disputar todas as regatas e sumáronse os puntos medios. Cabo da Cruz foi campioa por cuarta vez, a segunda consecutiva. Posto Equipo Puntos Patroa Vitorias 1 Cabo da Cruz 72 Alba Domínguez 6: Alicursa, Rianxeira, Reganosa, Fandicosta, LGT-Rianxo, Cortizo. 2 Chapela 71 María López 3: Oleiros, Ribeira, Teresa Herrera 3 Perillo 60 Nicole Maroño 1: Redondela 4 Tirán 58 Sara González 5 Náutico de Ribeira 38 Raquel Rodríguez 6 Rianxo 32 7 Mugardos 23 8 A Pobra 11
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Liga LGT