Kevin Magee, nado o 24 de xaneiro de 1959 en Gary (Indiana) e finado o 23 de outubro de 2003, foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogaba nas pocisións de ala-pivote e pivote cunha altura de 2,03 m e un peso oficial de 104 kg.

Traxectoria Kevin Magee posúe no seu palmarés seis ligas de Israel e cinco copas de Israel, así como unha Copa do Rei de España. A nivel individual, foi o máximo anotador da Serie co Cagiva Varese e máximo reboteador da Liga ACB co CAI Zaragoza e da Liga Lemuit co Maccabi Rishon LeZion. Faleceu o 23 de outubro de 2003 ao sur de Amine City, Luisiana, en accidente de moto.

Clubs Cagiva Varese (Serie A1, 1982−1983) CAI Zaragoza (ACB, 1983−1994) Maccabi Tel Aviv (Liga Lemuit, 1984−1990) CAI Zaragoza (ACB, 1990−1991) Auxilium Torino (Serie A1, 1991−1992) Racing Paris (A1, 1992−1993) Maccabi Rishon LeZion (Liga Lemuit, 1993−1994)

Palmarés Colectivo Campión da Liga Lemuit (6): 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 Campión da Copa de Israel (5): 1985, 1986, 1987, 1989, 1990 Campión da Copa do Rei (1): 1984

Individual Máximo anotador da Serie A1 (1): 1984 Máximo reboteador da Liga Lemuit (1): 1994 Máximo reboteador da Liga ACB (1): 1991

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB Perfil en Basketball Reference

Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do Pallacanestro Varese Categoría:Xogadores do CB Zaragoza Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino Categoría:Xogadores do Paris Basket Racing Categoría:Xogadores do Maccabi Rishon LeZion BC Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Gary, Indiana