The J. R. R. Tolkien Companion and Guide é un libro de 2006 escrito por Wayne G. Hammond e Christina Scull, despois da publicación de The Lord of the Rings: A Reader's Companion en 2005, e é unha obra de referencia de dous volumes sobre J. R. R. Tolkien e o seu estudo.
O volume 1 "Chronology", presenta unha cronoloxía extraordinariamente detallada da vida de Tolkien en 800 páxinas.
O volume 2 "Reader's Guide", ten información sobre persoas, lugares, organizacións, temas biográficos, temas literarios e escritos de Tolkien.
HarperCollins publicou unha versión revisada e expandida en tres volumes no ano 2017.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2006 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Libros sobre a Terra Media