Saint Laurent é un filme francés de 2014 dirixido e escrito por Bertrand Bonello. Está protagonizado por Gaspard Ulliel, quen interpreta a Yves Saint Laurent, Jérémie Renier como Pierre Bergé e Louis Garrel como Jacques de Bascher. O resto do elenco está composto por Léa Seydoux, Amira Casar, Aymeline Valade e Helmut Berger. O filme céntrase na vida de Saint Laurent dende 1967 até 1976, época na que a súa fama como deseñador de moda estaba no seu punto álxido. O filme competiu pola Palma de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014 e estreouse nos cinemas o 24 de setembro de 2014.

Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Gaspard Ulliel como Yves Saint Laurent Helmut Berger como Yves Saint Laurent en 1989 Jérémie Renier como Pierre Bergé Louis Garrel como Jacques de Bascher Léa Seydoux como Loulou de la Falaise Amira Casar como Anne-Marie Munoz Aymeline Valade como Betty Catroux Valeria Bruni Tedeschi como Madame Duzer Micha Lescot como Monsieur Jean-Pierre Jasmine Trinca como Talitah Valérie Donzelli como Renée Dominique Sanda como Lucienne

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Bertrand Bonello Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes de EuropaCorp Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes biográficos