Andrés Suárez Rodríguez, nado cara a 1890 e finado en Santiago de Compostela en xuño de 1951,La Noche, 2-6-1951, p. 2. foi un político galego.

Traxectoria Fillo do comerciante compostelán Ramón Suárez Loureiro e Juana Rodríguez Raso. Republicano compostelán, asistiu a sinatura do pacto de Lestrobe. Foi elixido concelleiro nas eleccións de abril de 1931 e foi sexto tenente-alcalde.El Compostelano, 20-4-1931, p. 1. En xullo de 1931 foi elixido tesoureiro do Partido Republicano Radical Socialista de Santiago de Compostela.El Compostelano, 13-7-1931, p. 1. Foi cesado como concelleiro en 1934. Foi elixido secretario do grupo local de Santiago de Compostela de Unión Republicana na reunión constitutiva de febreiro de 1935,La Voz de Galicia, 9-2-1935, p. 8. e presidente en xaneiro de 1936.El Compostelano, 13-1-1936, p. 2.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado por masón. En 1944 incoáronlle un expediente de responsabilidades políticas.El Compostelano, 3-4-1944, p. 2. En maio de 1945 foi sancionado cunha multa de 500 pesetas por escándalo e palabras hostís ao Réxime xunto con Manuel Calvo Guerra, Javier Lago Barreiro, Francisco Veiga Lago, Heliodoro Toubes Santos e Agustín Amenedo Reboredo.El Correo Gallego, 20-5-1945, p. 2. Vida persoal Casou con Carmen Rivas Sanmartín e foi pai de Concepción (finada en 1942), Teresa, Maruja, Ramón, Andrés, Luis, Manuel e Carmen Suárez Rivas.El Compostelano, 13-2-1942, p. 2.

Notas

Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes