dereita|miniatura|200x200px|Bandeira de Grecia. O nacionalismo grego (ou nacionalismo helénico) é un movemento nacionalista que defende a unidade dos gregos e da súa cultura.. Como ideoloxía, o nacionalismo grego xurdiu e evolucionou en tempos premodernos... Converteuse nun importante movemento a comezos do século XVIII, o cal culminou coa guerra de independencia de Grecia (1821–1829) contra o Imperio Otomán. Pouco despois, converteuse nunha importante ideoloxía en Grecia durante a primeira guerra mundial, cando os gregos, inspirados pola Megali Idea, conseguiron liberar partes de Grecia nas guerras balcánicas, e despois da primeira guerra mundial, ocuparon brevemente a rexión de Smyrna antes de ser recuperada de novo por Turquía.

O nacionalismo grego tamén foi a principal ideoloxía dos dous réximes ditatoriais en Grecia durante o século XX: o Réxime do 4 de agosto (1936-41) e a Ditadura dos coroneis (1967-74).

No presente, o nacionalismo grego segue a ser importante na disputa greco-turca sobre Chipre entre outras disputas (véxase nacionalismo grego en Chipre).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nacionalismo grego