Paradiña é un lugar da parroquia de Rebordondo no concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. Ficou despoboada a comezos da década de 1990.

Descrición

A aldea está a 565 m sobre o nivel do mar, a carón do río Rubín, afluente do Búbal, que atravesa unha ponte dun só ollo do século XX. Pódese chegar desde a aldea de Infesta, río abaixo, ou desde Rebordondo.

O seu topónimo é un hodónimo relacionado coa súa situación, ao ser un lugar de paso. Até 1893 o lugar pertenceu á parroquia de Vilaza.

Na aldea hai unha capela dedicada a san Pacio, e nela celebrábase unha romaría. A aldea áchase nun progresivo estado de deterioración. Segundo a tradición oral, nunha das casas vivía a curandeira María do Arangaño, da que se dicía que curaba o arangaño coas augas dos regatos da zona.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Rebordondo

Parroquias de Monterrei

Categoría:Lugares de Monterrei Categoría:Despoboados da provincia de Ourense