Kingdom (en ; Kingdeom) é unha serie de televisión surcoreana de 2019 creada e escrita por Kim Eun-hee e dirixida por Kim Seong-hun e Park In-je. É a primeira serie orixinal de Netflix de produción surcoreana, a cal se estreou o 25 de xaneiro de 2019. A serie é unha adaptación da serie de banda deseñada web The Kingdom of the Gods, que foi escrita por Kim Eun-hee e debuxada por Yang Kyung-il. Ambientado nun reino ficticio coreano, inspirado no Joseon medieval, Kingdom explora a historia do Príncipa da Coroa e a investigación da fonte dunha misteriosa praga que está a destruír o país. Está protagonizado por Ju Ji-hoon, Ryu Seung-ryong, Bae Doo-na, Kim Sang-ho, Kim Sung-kyu e Kim Hye-jun.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur