Unha alarmona é unha molécula sinalizadora intracelular que producen as bacterias, os cloroplastos e unha pequena minoría de arqueas cando reaccionan a factores ambientais moi adversos. As alarmonas regulan a expresión xénica a nivel de transcrición. As alarmonas prodúcense en altas concentracións cando as bacterias e plantas están sometidas a factores ambientais adversos, como a falta de aminoácidos, para producir proteínas. O ARNt non cargado funciona como alarmona. Despois, o guanosín-5'-trifosfato (GTP) é convertido en guanosín 5´-difosfato 3´-difosfato (ppGpp), que é a alarmona arquetípica. O ppGpp únese ás subunidades β e β´ da ARN polimerase, cambiando a preferencia de promotor. Isto fará diminuír o nivel de transcrición dos xenes do ARNr e a doutros xenes, pero incrementará a de xenes que interveñen na biosíntese de aminoácidos e no metabolismo implicado na fame.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alarmone in the Biology Online Dictionary Alarmone, Nature.com Glossary

Categoría:ARN Categoría:Bioloxía celular