Kayla Jane Barron, nada en Pocatello (Idaho) o 19 de setembro de 1987, é unha oficial estadounidense de guerra submarina e astronauta da NASA.

Traxectoria Kayla Barron graduouse na Richland High School en 2006. Despois do bacharelato, foi a Academia Naval dos Estados Unidos, graduándose en 2010 en enxeñaría de sistemas. Mentres estaba na Academia Naval, formou parte do equipo de atletismo. Despois de graduarse asistiu a Peterhouse, Cambridge, coa Gates Cambridge Fellowship onde obtivo un mestrado en enxeñaría nuclear.

Despois de obter un máster, formou parte do primeiro grupo de mulleres que se converteu en oficial de guerra submarina. Asistiu ao programa de adestramento de oficiais nucleares e submarinos da Mariña e foi asignada ao submarino de clase Ohio USS Maine. Mentres servía no USS Maine, completou tres patrullas como oficial de división. Despois do seu cometido de submarino, foi axudante de bandeira do superintendente da Academia Naval ata a súa selección como astronauta.

En xuño de 2017 foi seleccionada como membro do Grupo 22 de astronautas da NASA e comezou o seu adestramento de dous anos. Foi a quinta muller graduada na Academia Naval seleccionada como candidata a astronauta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mulleres no espazo

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Idaho