Ramón Carballal Pernas, nado na Habana en 1921 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1982,La Voz de Galicia, 15-9-1982, p. 46. foi un xuíz e escritor galego.
Traxectoria Naceu en Cuba, fillo de pais galegos. Retornaron a Galicia en 1926. Estudou Dereito na Universidade de Madrid. Ingresou na carreira xudicial en 1947. Foi xuíz na Fonsagrada, Chantada, Betanzos e Ferrol. Foi nomeado maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña en 1963, ocupando o cargo ata a súa morte.
Presidiu a Sección de Dereito Penitenciario do V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Penal e Penitenciario, e foi secretario da Comisión de Estudos do I Congreso de Dereito galego. Membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, formou parte do consello de redacción das revistas Foro Gallego e Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Foi conferenciante sobre xustiza, sociedade, literatura e relixión.
Obras
Publicou traballos xurídicos en revistas especializadas. Escribiu poesía en galego e en 1974 acadou a “Flor Natural” nos Xogos Florais de Oleiros.
Recoñecementos
Cruz Distinguida de San Raimundo de Peñafort, 1963. Cruz de Honra e o Gran Colar de San Raimundo de Peñafort a título póstumo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ramón Carballal Pernas en galegos.info
Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1982