Astilo de Crotone (en grego antigo: Ἄστυλος ou Ἀστύαλος), nado en Crotone no século VI a.C. e finado en Siracusa despois do 480 a.C., foi un atleta da Grecia antiga.

Traxectoria Astilo triunfou en tres edicións consecutivas dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, do ano 488 ao 480 a.C. En 488 a.C. competiu pola súa cidade natal, Crotone, e gañou na proba do agón do estadio e no diaulo, sendo o último atleta de Crotone en gañar os Xogos Olímpicos.

A continuación, nos Xogos do 484 a.C. e do 480 a.C., participou como cidadán de Siracusa, obtendo cinco vitorias olímpicas: dúas no estadio, dúas no diaulo e unha no hoplitódromo ou carreira con armas.

Segundo Pausania, Astilo competiu como cidadán siracusano para agradar ao tirano Hierón I. Non obstante, cómpre ter en conta que no 484 a. C., así como no 480 a. C., o tirano de Siracusa era Gelón I (e seríao ininterrompidamente ata o 478 a.C.), mentres o seu irmán Hierón I aínda era tirano de Gela, por iso parece imposible que Astilo competise por Hierón como líder da polis siciliota. A fonte principal neste caso pódese considerar incorrecta ou polo menos ambigua.

Os crotonianos non aceptaron este cambio de cidade, ata o punto de destruíren a estatua de Astilo que se erguera no templo de Hera Lacinia, alegando que fora corrompido pola cidade siciliana para competir baixo o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Crotone Categoría:Nados no século -VI Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Finados no século -V Categoría:Deportistas de Crotone na Antigüidade Categoría:Vencedores nos Xogos Olímpicos da Antigüidade Categoría:Personalidades de Crotone na Antigüidade