O Club Baloncesto Salamanca foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Salamanca, Castela e León. Fundado en 1993, existiu durante tres temporadas, dúas das cales competiu na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español.

Historia O Club Baloncesto Salamanca foi fundado en 1993 comprando a praza na 1ª División, naquela altura segunda categoría do baloncesto español, ao Askatuak SBT de Donostia. Na súa primeira temporada o equipo finaliza en segundo lugar, clasificando á fase de ascenso á Liga ACB. Nos playoffs consegue gañar na final ao Club Baloncesto Canarias no Ríos Tejera de Tenerife no quinto e definitivo xogo da eliminatoria.

Na temporada 1994−95 o Salamanca debuta na ACB, terminando a temporada con apuros na décimo sexta posición da táboa clasificatoria. Na segunda temporada o club mellora os seus resultados e consegue finalizar a temporada en novena pocisión, adquirindo así o dereito a participar na seguinte temporada na Copa Korać. Porén, debido a problemas financeiros, o club acaba por vender a súa praza, tanto na ACB como na Korać ao Club Baloncesto Granada. Alén da ACB, o Salamanca foi campión da Copa de Castela e León en 1994 e subcampión en 1995.

Xogadores Destacados

Manuel Aller Salva Guardia Paco Martín Antonio Medianero Jordi Millera Jordi Pardo Federico Ramiro Rafael Vecina Kenny Atkinson Perry Carter A.J. English Jeff Martin Granger Hall Jimmy Oliver Claude Riley Jeff Sanders

Adestradores A seguinte é unha lista con todos os adestradores do Salamanca. Fernando Merchante (1993−1994) Ricardo Hevia (1994−1995) Pedro Martínez (1995−1996)

Palmarés Trofeo Castela e León Campións (1): 1994 Subcampións (1): 1995

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1993–94 21º Div. 2º 27–141994–95 1ACB 16º 17–211995–96 1ACB 9º 19–19

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Salamanca: Sueño fugaz en acb.com

Salamanca CB Salamanca CB Categoría:Salamanca