Astérix e o grifón (en ) é o trixésimo noveno volume da serie de banda deseñada Astérix, sendo o quinto libro en ser escrito por Jean-Yves Ferri e ilustrado por Didier Conrad. O libro foi publicado internacionalmente en 17 linguas o 21 de outubro de 2021, cunha tiraxe inicial de máis de 5 millóns de copias. É o primeiro libro de Astérix en ser lanzado dende a morte do co-creador da serie Albert Uderzo.

Foi traducido ó galego por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar e publicado por Edicións Xerais o 21 de outubro de 2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Astérix e o grifón na páxina da Editorial Xerais.

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 2021 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego