Teodebaldo I, nado en ano descoñecido e finado no 746, (en alemán Theudebald ou Theudowald) foi un duque de Alamania da familia dos axilolfingos.

Traxectoria Despois da morte do duque e, e pai, Gotfrido en 709, Teodebaldo e o seu irmán Lantfrido asumiron o cargo de duque dos alamáns. Ámbolos dous irmáns eran moi hostís aos mordomos de palacio francos. Probabelmente eran tamén irmáns de Odilón de Baviera, duque do Baviera.

O monxe Pirmino fundou a abadía de Reichenau no 724 baixo a protección do mordomo do palacio Carlos Martel no medio do ducado alamán, o que Lantfrido e Teodebaldo interpretaron como unha provocación. Teodebaldo expulsou entón ao abade Pirmino ob odium Karoli (por odio a a Carlos) no 727,Hermann de Reichenau, Chronicon, a. 727. e no 732 tamén expulsou o discípulo de Pirmino e abade do mosteiro de Reichenau, Hedo.

No 730, Carlos Martel dirixiu unha campaña contra os duques Teodebaldo e Lantfrido. Lantfrido morreu ese mesmo ano durante unha campaña militar, e Teodebaldo converteuse entón no único duque. No 732, Teodebaldo foi deposto e expulsado de Alamania, pero á morte de Carlos Martel volveu para reclamar o seu ducado.

No ano 742 Teodebaldo rebelouse contra a autoridade nominal da monarquía merovinxia que entón exercían os dous mordomos de palacio Pipino o Breve e Carlomán. Os vascos, os bávaros (probabelmente comandados por Odilón e os saxóns subleváronse simultaneamente. Ese mesmo ano Teodebaldo invadiu o ducado de Alsacia, daquela gobernado polo duque Liutfrido I. O duque alsaciano foi probablemente morto xunto ao seu fillo loitando para os carolinxios.

En 744, Pipino invadiu o Xura de Suabia e perseguiu a Teodebaldo ao seu reduto da montaña sendo derrotado en Alsacia polos guerreiros de Pipino. E ao ano seguinte, Carlomán marchou de novo sobre o duque, esta vez derrotándoo e executando a moitos nobres no masacre de CannstattRiché (1992) pp. 75 e 77 polo que Alamania foi sometida de vez, e desde 746, Carlomán quedou como gobernante. Geuenich (2005), p. 107

Sucesión

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bachrach, Bernard S. (1972): Merovingian Military Organization, 481–751. Minneapolis: University of Minnesota Press. ISBN 978-0-8166-0621-4.

Hermann de Reichenau: Chronicon. En: Rudolf Buchner & Werner Trillmich, eds. (2000): Quellen des 9. und 10. Jahrhunderts zur Geschichte der Hamburgischen Kirche und des Reiches. Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft. ISBN 978-3-5340-0602-1, pp. 615–707. Hummer, Hans J. (2005): Politics and Power in Early Medieval Europe: Alsace and the Frankish Realm 600 – 1000. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5211-1448-6. Reuter, Timothy (1991): Germany in the Early Middle Ages 800–1056. Milton Park, Abingdon, Oxfordshire, Inglaterra, UK: Routledge. ISBN 978-0-5824-9034-5.

Outros artigos Francos Dinastía Axilolfinga Alamania Historia de Francia Historia de Alemaña

Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Finados en 746 Categoría:Dinastía Axilolfinga Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Imperio carolinxio