Charles William Chadwick Oman,Cousin, J. W. (1910). máis coñecido como Charles Oman, nado en Muzaffarpur, na India Británica, o 12 de xaneiro de 1860 e finado en Oxford, Inglaterra, o 23 de xuño de 1946, foi un historiador militar, numismático e político británico, especializado na reconstrución de batallas medievais e da época napoleónica."Oman, Sir Charles (William Chadwick)". En Who's Who. Oxford University Press.
Traxectoria Oman naceu o 12 de xaneiro de 1860 no distrito de Muzaffarpur, na India Británica, fillo dun predicador británico, aínda que xa de neno se educou no Winchester College, en Winchester, Hampshire, Inglaterra, e posteriormente cursou os seus estudos superiores na Universidade de Oxford, onde se formou co historiador e bispo anglicano William Stubbs. En Oxford foi convidado a participar como fundador na Stubbs Society, para a defensa dos asuntos exteriores.
En 1881 acadou unha bolsa de estudos no All Souls College, de Oxford, ao que se mantivo vinculado o resto da súa carreira académica.
En 1905 foi nomeado profesor de Historia Moderna na Universidade de Oxford e ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Británica.
A súa carreira académica viuse interrompida por mor da primeira guerra mundial, cando serviu como empregado da Oficina de Prensa do Goberno e no Ministerio de Asuntos Exteriores. Recuperada a actividade docente, entre as materias impartidas por Oman en Oxford estivo a de Historia Militar, xunto a C. T. Atkinson, do Exeter College, centrada na Guerra da Independencia española.
Paralelamente á vida académica, Charles Oman foi membro do Parlamento Británico pertencente ao Partido Conservador, entre 1919 e 1935, pola circunscrición da Universidade de Oxford.
Como coleccionista, Oman conformou unha colección de moeda de prata da Antiga Grecia, así como de moeda romana e de moeda inglesa. A colección de moeda grega acabou finalmente no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e no Museo Ashmolean, logo da súa venda a estas institucións en 1947 por parte dos seus herdeiros."Sir Charles William Chadwick Oman". The British Museum.Walker, J. (1953). "The Early History of the Department of Coins and Medals". En The British Museum Quarterly. Vol. 18. Nº 3. Setembro. The British Museum. Páxinas 76-80.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Oman foi o presidente da Royal Historical Society (1917-1921), da Royal Numismatic Society (1919-1930)"Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society. e do Royal Archaeological Institute.
Vida familiar
Dous dos fillos de Oman foron tamén escritores; a súa filla Carolina escribiu sobre historia, biografías e ficción para nenos e adultos, e o seu fillo Charles C. escribiu varios volumes acerca das dos xogos de cubertos británicos e outros artigos do fogar, e traballou como conservador de metalurxia no Victoria and Albert Museum."Society Meetings, 18 June 1958". Folklore. 69 (3): 216. 1958.
Oman faleceu o 26 de xuño de 1946 aos 86 anos.E. S. G. R. (1945).
Recoñecementos Entre outras honras, Oman foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico,"Supplement to the London Gazette, 30 March, 1920". Páxina 3.759 membro de honra do New College de Oxford (1936) e doutor honoris causa pola Universidade de Edimburgo (1911), pola de Oxford (1926) e pola de Cambridge (1927).
Premios
(1928): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Charles Oman ao longo da súa traxectoria:"Oman, Charles 1860-1946". WorldCat Identities."Oman, Charles William Chadwick 1860-1946 ". Digital Library Numis."Charles William Chadwick Oman (1860-1946)". Bibliothèque nationale de France (BnF Data).
(1885). The Art of War in the Middle Ages. Blackwell, Londres. (1888). A History of Greece From the Earliest Times to the Death of Alexander the Great. Longmans, Londres. (1891). Warwick the Kingmaker. Macmillan, Londres. (1892). The Story of the Byzantine Empire. T. Fisher Unwin, Londres. (1893). The Dark Ages 476-918. Period I. Rivingtons, Londres. (1895). A History of England. E. Arnold, Londres. (1898). A History of the Art of War in the Middle Ages, from the fourth to the fourteenth Century. Methuen, Londres. (1898). A History of the Art of War in the Middle Ages. Vol. II: A.D. 1278-1485. Methuen, Londres. (1898). England and the Hundred Years War, 1327-1485 A.D. Blackie & Son., Londres. (1899). Reign of George VI, 1900-1925. A Forecast Written in the Year 1763 (ed.). Rivingtons, Londres. (1899). England in the Nineteenth Century. Longmans, Londres. (1902). Seven Roman Statesmen of the Later Roman Republic. Longman, Londres. (1902-1930). A History of the Peninsular War. Oxford University Press, Oxford. (1902). Vol. I: 1807-1809. (1903). Vol. II: Jan.-Sept. 1809. (1908). Vol III. Sept, 1809 - Dec. 1810. (1911). Vol IV: Dec.1810 - Dec. 1811. (1914). Vol. V: Oct. 1811 - Aug. 31, 1812. (1922). Vol. VI: September 1, 1812 - August 5, 1818. (1930). Vol. VII: August 1813 - April 14, 1814. (1904). A Junior History of England (con Mary Oman). E. Arnold, Londres. (1906). Inaugural lecture on the study of history. Oxford University Press, Oxford. (1906). The Great Revolt of 1381. Oxford University Press, Oxford. (1906). The History of England from the Accession of Richard II to the Death of Richard III. (1377-1485). Longmans, Londres. (1910). A History of England Before the Norman Conquest. Methuen, Londres. (1912). Wellington's Army, 1809-1814. E. Arnold, Londres. (1919). The Outbreak of the War of 1914-18: A Narrative Based Mainly on British Official Documents. Majesty Stationery Office, Londres. (1922). The Unfortunate Colonel Despard and Other Studies. E. Arnold, Londres. (1926). Castles. The Great Western Railway, Londres. (1929). Studies in the Napoleonic Wars. Methuen, Londres. (1931). The Coinage of England. Oxford University Press, Oxford. (1933). Things I Have Seen. Methuen, Londres. (1937). A History of the Art of War in the Sixteenth Century. Methuen, Londres. (1937). The Sixteenth century. Dutton, Nova York. (1939). On the Writing of History. Methuen, Londres. (1941). Memories of Victorian Oxford and of Some Early Years. Methuen, Londres. (1945). The Lyons Mail. Methuen, Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cousin, J. W. (1910). "Oman, Charles William Chadwick". En A Short Biographical Dictionary of English Literature. J. M. Dent & Sons, Londres E. S. G. R. (1946). "Sir Charles Oman". En The British Numismatic Journal. 25. 9. British Numismatic Society, Londres. Páxina 78. Todd, F. P. (1946). "Noted Historian Dies: Sir Charles Oman, 1860-1946". En Military Affairs. Vol. 10. Nº 4. Páxinas 47-48.
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Nados en Bihar Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Coleccionistas Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Oxford Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Cambridge Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Edimburgo Categoría:Orde do Imperio Británico