Yi So-yeon -pronúnciase [i sojʌn]-, nada en Gwangju o 2 de xuño de 1978, é unha cosmonauta surcoreana . O 8 de abril de 2008, converteuse na primeira coreana e unha das primeiras mulleres asiáticas en saír ao espazo ao participar no voo espacial Soiuz TMA-12.
Traxectoria Yi So-yeon foi ao Instituto Gwanju (광주 과학 고등학교). Máis tarde, formouse no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Daejeon, onde preparou o doutoramento en biotecnoloxía.
O 7 de marzo de 2008, o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía escolleuna para substituír o seu colega Ko San como participante nun voo espacial organizado pola Axencia Espacial Federal Rusa o 8 de abril de 2008 .
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Yi So-yeon Spacefacts Unha serie de entrevistas con Seoul Glow
Categoría:Astronautas Categoría:Científicos de Corea do Sur