Ildefonso Fernández Seoane, coñecido como Cuñeira,Nalgunhas fontes aparece como Coñeira. nado en Xares (A Veiga) e finado en Vilamartín de Valdeorras o 6 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Obreiro do Ferrocarril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia. Integróuse na unidade de Arturo López Delgado. O 6 de agosto de 1942 morreu nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Correxais (Vilamartín de Valdeorras), con Arturo López Delgado, Ovidio González Vázquez e Manuel Monteserín Gerardo. O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Outro membro do grupo, Roberto López Rodríguez Pajarito, logrou fuxir.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Los de la sierra

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Veiga Categoría:Finados en 1942