Robert Wallace McLachlan, nado en Montreal o 9 de marzo de 1845 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 1926, foi un numismático canadense especializado na moeda e do Canadá anterior á confederación de 1867. "Robert Wallace McLachlan". Find a Grave."Robert Wallace McLachland. Montreal, Canada ". Biographies of the Princiopal Canadian Collectors (Coinscan.com).
Traxectoria McLachland naceu en Montreal, provincia do Quebec, o 9 de marzo de 1845, o quinto dos fillos de Ann Stephen e William McLahland, provenientes de Escocia."Robert Wallace McLachlan". En The Numismatist. Vol. 27. Nº 6. Xuño de 1914. American Numismatic Association. Páxinas 304-306. Educouse primeiro na Huntingdon Academy e posteriormente na McGill Model School, antes de realizar os seus estudos superiores na Universidade McGill, de Montreal.Atchison, D. (2020).
Nesa cidade foi durante máis de 20 anos funcionario do departamento de arquivosdo Palacio de Xustiza, posto do que se retirou en 1924, e tamén exerceu como notario.
McLachlan comezou a súa colección de moedas aos doce anos, cando estudaba na McGill Model School, motivado polo director da escola. Cultivou esta afección durante moitos anos e en 1894, P. N. Breton asegurou que a colección de moedas de McLachlan era a máis nutrida do país, con arredor de 8.000 pezas, desde a época grega ata a Idade Contemporánea.Hudgeons, M. et al. (2007). Páxina 281. En 1922 McLachlan vendeu a colección completa (daquela cunhas 20.000 pezas) á Sociedade Canadense de Anticuarios e Numismática, de Montreal."The McLachlan Collection Sold as an Entirety". The Numismatist. 35 (1922): 553-554. En 1974 foi finalmente adquirida polo Banco do Canadá para o seu museo. Pola súa banda, a súa biblioteca especializada en numismática canadense foi adquirida polo numismático estadounidense George Kolbe.
En 1883 realizou unha viaxe por Gran Bretaña e Francia na que visitou a Royal Mint e a Monnaie de Paris, así como o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e a colección de moedas da Universidade de Glasgow, entre outras.
McLachlan foi un prolífico investigador acerca da moeda e a medalla do Canadá, que publicou tanto en monografías como en numerosos artigos nas máis prestixiosas revistas numismáticas do momento.
Xunto coas doutros colegas numismáticos canadenses, como Alfred Sandham, P. N. Breton e Joseph Leroux, considérase que as súas publicacións sentaron as bases da investigación sobre a numismática do Canadá.Willey, R. C. (1969). Páxina 115.
Entre outras entidades asociativas e académicas, en 1864 foi elixido membro da Sociedade Numismática de Montreal, onde ocupou diversos postos directivos. En 1866 ingresiou na Royal Numismatic Society, de Londres, que en 1926 lle concedeu a súa medalla de ouro. Así mesmo, foi membro da British Numismatic Society, da American Numismatic Society (1884), da American Numismatic Association (1899), da que foi vicepresidente, e da Real Asociación Numismática do Canadá, a cuxa presidencia accedeu en 1915. Ademais, foi membro asociado estranxeiro da Sociedade Suíza de Numismática e da Sociedade Real de Numismática de Bélxica (1887) e presentou un relatorio No Congreso Internacional de Numismática celebrado en Bruxelas en 1891.Véxase (1892) en "Publicacións".
McLachlan foi tamén membro do comité editorial de The Canadian Antiquarian and Numismatic Journal, en cuxo primeiro número, aparecido en 1872, publicou o seu primeiro artigo numismático, titulado "A Plea for an Artuistic Coinage".Willey, R. C. (1969). Páxina 116.
Robert Wallace McLachlan faleceu o 10 de maio de 1926 aos 81 anos de idade na súa casa da avenida Westmount, de Montreal, e foi soterrado no cemiterio Mont-Royal, de Outremont, Quebec.
Recoñecementos
(1926): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1982): Incluíuse no salón da fama da American Numismatic Association."Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
Publicacións Esta é unha listaxe das publicacións máis sobranceiras de Robert Wallace McLachlan sobre numismática canacense. Nalgúns casos trátase de traballos monográficos e noutros de separatas de artigos previamente aparecidos en revistas e posteriormente publicados en forma de folleto:"McLachlan, R. W. 1845-1926". WorldCat Identities.
(1877). The Edward Murphy Medal. Montreal. (1879). Canadian temperance medals. Montreal. (1880). The Glastonbury penny: a criticism. Montreal. (1884). The French-American Colonial Jettons. Montreal. (1885). The money and medals of Canada under the old regime. Montreal (1886). Canadian Numismatics. A Descriptive Catalogue of Coins, Tokens and Medals Issued in or Relating to the Dominion of Canada and Newfoundland. Montreal. (1886). Canadian numismatic bibliography. Montreal. (1890). Statistics of the Coinage for Canada and Newfoundland. Montreal. (1891). Canadian Communion Tokens. I. Drysdale, Montreal. (1891). The Louisbourg Medals. Montreal. (1892). Coins struck in Canada previous 1840 read before the Congrès international de numismatique. Goemare, Bruxelas. (1893). Annals of the Nova Scotian Currency. Montreal. (1898). Canadian Diamond Jubilee Medals. Montreal. (1898). The Nova Scotian treasury notes. Monreal. (1899). Medals Awarded to the Canadian Indians. Montreal. (1901). Two Canadian Golden Wedding Medals. Montreal. (1906). Fleury Mesplet: the first printer at Montreal. Montreal. (1908). The First Mohawk Primer. Montreal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Atchison, D. (2020). "Robert Wallace McLachlan (1845-1926)". En The E-Sylum. Vol. 23. Nº 20. 17 de maio. Hudgeons, M. et al. (2007). The Official Blackbook Price Guide to World Coins 2008. Random House Information Group. ISBN 9780375721694 Willey, R. C. (1969). "The History of Canadian Numismatics". En The Canadian Numismatic Journal. 14 (4): 115.
Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Numismáticos do Canadá Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade McGill