Auricularia auricula-judae, comunmente coñecido como orella de Xudas, é un fungo basidiomiceto comestible, da orde Auriculariales. O epíteto específico auricula-judae, en latín, significa "orella de Xudas".Phillips, Roger (2006), Mushrooms. Pub. McMilan, ISBN 0-330-44237-6. P. 317.
Descrición Nace en forma de cuncha de cor parda escura, coa cara externa un pouco máis pálida que a interna e, a medida que vai crecendo, toma a forma dunha orella coa marxe engurrada. O esporocarpo, ou corpo frutífero, é de consistencia xelatinosa, deshidrátase en ambiente seco e recobra a elasticidade coa humidade.
Pola parte de encima é máis pálido que pola de abaixo, que está percorrida por unha especie de pregos moi irregulares.
Hábitat Crece habitualmente en grupos, sobre ramas mortas de sobreiras, platanáceas, sabugueiros, piñeiros, freixos, pradairos negundos e outras coníferas e latifoliadas.
O corpo frutífero adoita aparecer no outono en lugares húmidos, despois das choivas, pero ocasionalmente pódese encontrar na primavera e no verán.
Gastronomía É comestible e moi apreciado na cociña oriental (é o "fungo negro" dos restaurantes chineses, en China cultívanse sobre troncos mortos).
Pode comerse cru, aínda que non ten un sabor moi marcado, pero polo seu aspecto emprégase como decoración de ensaladas. Tamén pode comerse frito ou en sopas
Pode gardarse seco e se se pon a remollo antes de usalo recupera a súa consistencia xelatinosa.Pascual, Ramon: Els bolets (on surten, com es coneixen, com es cuinen). Editorial Pòrtic, S.A., Barcelona, outubro de 1997. Col·lecció Els manuals de Pòrtic, núm. 1. ISBN 84-7306-965-X, planes 58-59.
Medicinais Ten propiedades antibióticas e antiinflamatorias.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Photographs & details Speciality Mushrooms Società di Micoterapia Medicinal Mushroom Society Funghi Vitalia - Auricularia
Categoría:Fungos comestibles Categoría:Plantas medicinais