La Palma é a capital da provincia panameña de Darién, situada a beiras do océano Pacífico, no extremo dunha ampla península que separa a desembocadura do río Tuira (sinuoso estuario chamado golfo de San Miguel) da recollida baía ou enseada de Garachiné.
En contraposición á maioría do territorio selvático de Darién, La Palma ten un clima tropical de sabana.
Afastada do traxecto da estrada Panamericana, está escasamente comunicada; frecuentemente as relaciones con outros portos realízanse mediante navegación de cabotaxe.
Notas
Categoría:Cidades de Panamá