miniatura|200px|Monumento aos Heróis da Guerra Peninsular, na Praça de Entrecampos, Lisboa Alvalade é unha freguesía portuguesa do concello de Lisboa. Nela localízase a sede principal da Universidade de Lisboa. No ano 2021 contaba con 33 309 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 6 237,6 hab./km².
Xeografía Situada a unha altitude media de 88 msnm, a freguesía ocupa unha pequena extensión, apenas 5,34 km².
Historia O nome de Alvalade parece ter orixe no nome árabe Al Balade, que significa "lugar habitado e amurallado". Aí tivo lugar, arredor de 1321, a batalla de Alvalade, entre Dinís e o futuro Afonso IV.
Esta freguesía foi creada en 1959 pola escisión da freguesía de Campo Grande, cunha área total de 0,58 km² e 9 620 habitantes (2001). Tras a reorganización de freguesías de 2012, a freguesía de Alvalade absorbeu as de Campo Grande e São João de Brito.
Galería
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial.
Categoría:Freguesías de Lisboa