miniatura|Primeiro fito fronteirizo entre Colombia e Venezuela, situado neste lugar. Castilletes é un lugar situado na Península de La Guajira entre Venezuela e Colombia, que serve como fito №1 para definir a liña fronteiriza entre ambos países. A súa localización é estratéxica para ambos países, xa que este é un dos puntos sobre os que se basan para a delimitación de augas mariñas e submarinas no golfo de Venezuela. Forma parte da Parroquia Alta Guajira do Municipio Guajira do Estado Zulia, Venezuela e do Municipio de Uribia, Colombia.

O seu punto como límite fronteirizo ficou establecido coa rúbrica da Acta de Castilletes o 29 de abril de 1900. Non obstante, o Laudo Arbitral Español da raíña María Cristina, que se ditou en Madrid o 16 de marzo de 1891, establecera que o fito N.º1 sería o coñecido como Mogotes de los Frailes, pero os delegados da comisión mixta de demarcación non encontraron ese punto, decidindo establecelo na Meseta de Castilletes.Donde estamos con Colombia frente a la Delimitación de Aguas Marinas y Submarinas alrededor de la Costa Nororiental de la Península Guajira Por Querer a Venezuela Para 2001 intentouse ante o Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela decidir a nulidade da Acta de Castilletes, pero o tribunal decidiu que carecía de xurisdición para decidir sobre o feito.SALA CONSTITUCIONAL Magistrado Ponente: Antonio J. García García Tribunal Supremo de Xustiza. 21 de novembro de 2001.

División político-administrativa miniatura|Vista dos morros de Castilletes, na fronteira colombo-venezolana. Á dereita encóntrase o fito № 1 dos límites venezolanos. Nas súas proximidades fundouse unha da primeiras poboacións en terra firme suramericana, chamada Santa Cruz, da que aínda existen algunhas ruínas da mesma.

Venezuela Está situado no Municipio Guajira (antes Páez) do Estado Zulia, o acceso á área só se realiza con vehículos rústicos, embarcacións ou avionetas, xa que non existen rutas terrestres comerciais até a zona. A finais de 2007, a estrada Los Filúos-Cojoro-Castilletes foi rehabilitada.

Colombia Está situado no Municipio de Uribia, o territorio circunveciño forma parte do Correxemento de Castilletes.

Notas

Categoría:Xeografía de Colombia Categoría:Xeografía de Venezuela