Kalkidan Gezahegne, nada en Adís Abeba o 8 de maio de 1991, é unha atleta de medio fondo de Bahrain especializada en 1500 metros. Representou a Etiopía antes de adquirir a nacionalidade de Bahrain en 2013.

Traxectoria Gañou a medalla de prata en 1500 metros no 2008 Campionato Mundial Júnior de 2008 en Bydgoszcz (Polonia). Obtivo outra prata no Campionato Africano Júnior de Atletismo de 2009 en Bambous (Mauricio), no que acabou por detrás da surafricana Caster Semenya.Ouma, Mark (2009-08-02). African Junior Champs, Day 4 . IAAF. Consultado o 2010-03-15. Xa como absoluta, Kalkidan acabou novena en 1500 metros no Mundial de Atletismo de 2009 en Berlín e quinta en 3000 metros na IAAF World Athletics Final de 2009.

No Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 2010 en Doha (Qatar), tivo unha reacción sorprendente ao clasificarse para a final. En plena eliminatoria, chocou con Yevgeniya Zolotova e caeu. Ergueuse para continuar a carreira, e non só alcanzou as súas competidoras, senón que amais gañou a carreira co tempo máis rápido de calquera corredor da xornada.Morse, Parker (2010-03-12). Doha 2010 - Day 1 Wrap. IAAF. Consultado o 2010-03-12. Na final superou a súa compatriota Gelete Burka, daquela campioa, e gañou o ouro. Con 18 anos e 310 días naquel momento, converteuse na vencedora máis nova dun Mundial de Atletismo en Pista Cuberta. Superou, así, o récord da romanesa Gabriela Szabo, 15 anos atrás.Ramsak, Bob (2010-03-14). Doha 2010 - Gezahegne recovers from heat tumble to become youngest ever female champion. IAAF. Consultado o 2010-03-15. Non puido participar no campionato ao ar libre ese ano debido a unha lesión.Jalava, Mirko & Julin, A. Lennart (2010-12-28). 2010 - End of Year Reviews – Middle Distances. IAAF. Consultado o 2010-12-28.

As súas mellores marcas persoais son:

4:02.98 minutos en 1500 metros, en xullo de 2009 en Atenas (Grecia) 4:37.76 minutos na carreira da milla, en setembro de 2009 en Rieti (Italia) 8:38.61 minutos en 3000 metros, en setembro de 2009 en Tesalónica (Grecia)

Dende 2017, especializouse en carreira de fondo, 5000 metros e 10000 metros. Destaca a súa medalla de ouro en 5000 metros nos Xogos Asiáticos de Iacarta en 2018.

Nos Xogos Olímpicos de Toquio en 2021, Kalkidan obtivo a medalla de prata en 10000 metros en 29 min 56 s 18, trala neerlandesa Sifan Hassan. Superou notabelmente a etíope Letesenbet Gidey, quen ostentaba o récord mundial nesa distancia.

O 3 de outubro de 2021, Kalkidan bateu o récord mundial en 10 km por estrada na carreira The Giants Geneva en Xenebra, Suíza. Con 29:38, superou a marca anterior por 5 segundos.

O 14 de novembro de 2021, participou na carreira popular ourensá do San Martiño, na que ficou en cuarto lugar.

Mellores resultados AcontecementoTempo (m:s)DataLocal1500 m4:00.9729 de maio de 2011Hengelo, Países Baixos1500 m (interior)4:03.2810 de febreiro de 2010Estocolmo, SueciaCarreira de milla (interior)4:24.1020 de febreiro de 2010Birmingham, Reino Unido3000 m8:34.654 de setembro de 2018Zagreb, Croacia3000 m (interior)8:37.4719 de febreiro de 2011Birmingham, Reino Unido5000 m14:52.921 de xuño de 2021Montreuil, Francia10000 m29:50.778 de maio de 2021Maia, Portugal10km (estrada)29:383 de outubro de 2021Xenebra, Suíza

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Adís Abeba Categoría:Atletas olímpicos de Bahrain Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2020