Santa María de Cullergondo é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 4,61 km². Segundo o IGE, en 2022 tiña 130 habitantes (62 homes e 68 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 168 habitantes.

Cultura Topónimo Cullergondo é un topónimo que data de entre o século VII e X. Para algúns autores é un antropónimo de orixe xermánica. Para outros, é un que ten cando menos unha parte da súa orixe en termos latinos. Propúxose que sería unha combinación do termo latino "culler" e o "-gondo" prerromano; ou incluso un derivado do termo latino para referirse aos cágados ou cullaropos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cullergondo

Parroquias de Abegondo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abegondo

Categoría:Parroquias de Abegondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía