Santiago Rodríguez Salinas, nado en Madrid en 1917 e finado en Redondela en agosto de 1985,Faro de Vigo, 30-8-1985, p. 36. foi un militar e exiliado español.

Traxectoria Fillo da mestra Antonia Rodríguez Salinas e de Alberto Marín Alcalde. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Madrid. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e ingresou no Exército Popular, co que participou nas batallas de Teruel e do Ebro. Pasou a Francia na primeira quincena de febreiro de 1939 e entrou nos campos de concentración. Retornou a España e foi ingresado nun campo de concentración en Reus, pasou despois aos batallóns disciplinarios, primeiro ao de Punta Carnero (Alxeciras) e despois ao de Cerro Muriano (Córdoba), e finalmente realizou seis meses de servizo militar obrigatorio nas Canarias. Cando rematou instalouse en Redondela coa súa nai, profesora republicana represaliada, que chegou á vila en 1941 procedente de Madrid para coidar do seu compañeiro Alberto Marín Alcalde, preso na illa de San Simón. Antonia Rodríguez puxo escola en Redondela. Nos anos sesenta foi secretario da xunta local de Redondela da Asociación Española contra o Cancro.El Pueblo Gallego, 17-2-1975, p. 15. Na transición militou en Acción Republicana Democrática Española (ARDE) e interveu no acto contra o peche de Regojo en setembro de 1978.El Pueblo Gallego, 29-9-1978, p. 12-13.

Obras Illote P Barraca 16 (2021). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9151-747-4. Vida persoal

Foi pai de Eduardo Rodríguez Cunha "Tatán". Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia

'Illote P, Barraca 16': las memorias del gallego que dibujó el horror en los campos de concentración franceses

Categoría:Militares de España Categoría:Exilio Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en 1985