Carlos Crespo Alfaya, nado en Ponteareas o 6 de abril de 1922El Tea, 3-5-1922, p. 3. e finado en Pontevedra en setembro de 2004, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Crespo Medal, secretario do Concello de Pazos de Borbén, e Engracia Alfaya Cerdeira, e irmán de Manuel Crespo Alfaya. Estudou bacharelato en Pontevedra. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exerceu como mestre interino. Ingresou no Partido Comunista de España en 1942. Marchou a Madrid a estudar Químicas e foi detido alí a principio de xuño de 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, e tamén foron detidos Manuel López Esperón, Severino Domínguez Rey, Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco. Torturado, foi xulgado e en consello de guerra e condenado a dez anos de prisión. Cumpriu condena durante catro anos en Vigo, A Coruña e Santoña.
Saíu en liberdade vixiada en xullo de 1952.BOE, 22-8-1952, p. 3908-3909. Enfermo, residiu dous anos coa súa nai e a súa sobriña en Guadalaxara. Regresou a Galicia. Acollido por un amigo en Barrantes que lle ofreceu traballo de contábel, montou despois unha academia. Nos anos sesenta conmutáronlle os antecedentes penais, e puido presentarse e aprobar as oposicións. Foi destinado á escola da Escusa (Ribadumia) en 1967.Escuela Española, 11-10-1967, p. 1662. Membro do PCG e de Esquerda Unida dende a súa fundación e de Comisións Obreiras. Obras A pesca en Galicia, 1983. Con Antón Rozas Caeiro e outros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Carlos Crespo Alfaya, In memorian
Ligazóns externas Unha protesta de mulleres pontevedresas.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2004